domingo, 24 de xuño de 2012

A ESTAFA INMOBILIARIA

O único obxectivo de Aznar foi a execución da estafa inmobiliaria. Por iso comprometeuse a estar 8 anos no cargo. Era o que necesitaba para perpetrala para despois deixar a caida da pirámide a outro. A alguén que non se decatase da que se lle aveciñaba: Rajoy. Rato, moito máis listo e o arquitecto das medidas de creación da estafa, foise ao FMI a favorecela e deixou o cargo cando a explosión aveciñábase.
A Lei do solo foi a medida máis visible pero todo fomentábase nos intereses baixos que a entrada no Euro farían posibles. Por iso a entrada no Euro foi prioritaria e fixéronse os necesarios artificios contables para conseguila nun momento en que Alemaña estaba interesada política e economicamente na adhesión do máximo número de países da UE.
O goberno de Aznar favoreceu a creación da burbulla con medidas como permitir unha inmigración masiva para, por unha banda traballar na  construción e por outra quedar coas vivendas antigas de peor calidade cuxos propietarios pasarían a comprar unhas mellores. O mesmo goberno aboliu o servizo militar en contra da opinión dos propios militares. Unha medida moi popular debido ao sacrificio persoal e familiar (e á percepción da pouca utilidade) que representaba. Con todo, iso liberou a máis de 100.000 mozos que pasarían a engrosar as filas dos traballadores da construción e, de paso, favoreceu o aumento do fracaso escolar xa que os malos estudantes abandonaban a ESO e tamén se incorporaban á construción con soldos superiores aos licenciados universitarios.
Todas as medidas do goberno Aznar pódense entender se llas relaciona coa utilidade para a estafa. A intervención en Iraq tamén.
A chanceler Merkel, nun discurso de fai uns días, dixo ben claramente que os problemas específicos de España proveñen basicamente da burbulla inmobiliaria,recoñecer todo iso sería o suicio político de Rajoy e do PP e por iso estase facendo unha labor de contención e de maquillaxe.

Ningún comentario: