luns, 11 de xuño de 2012

SOBRAN OS MOTIVOS

Amnistía fiscal para os defraudadores; urbanística para os ilegais; recortes de dereitos aos cidadáns e barra libre para gozar de semanas caribeñas...
Deixáballes aquí, fai case un mes, unha peza titulada "Sobran os motivos" onde xustificaba, e modestamente creo que demostraba, que sobraban os motivos para a indignación da cidadanía.
Entón a "curmá" estaba ao redor dos catrocentos puntos e -¡a nai que os pariu!- non saltara polo aire o asunto de Aliba-bankia nin a amnistía fiscal nin a que bendicía os estragos urbanísticos. Nin sequera sabiamos que o señor Feijóo deixaba podrecer nun caixón as facturas do último trimestre para sacar peito cos seus números ante a dereita mediática de Madrid que tanto lle quere e lle animan.
Por aquel entón, ata era Baltar pai o que merecía as críticas e chirigotas polos seus tres portos e catrocentos porteiros cando, agora, de golpe (¡os catrocentos goles! ¿sóalles?) é Baltar junior o que aparece nos xornais xunto ao seu cuñado por un quítame (que digo quítame ¡póñame!) acá unhas obras.
Obras son amores e a familia o primeiro, que dicía o outro (o do Opus, o Corleone e outros que poden consultar lendo o BOE ) e por iso as obras pías -piadosas- non son cousas de Rouco, que só achega a Caritas (díxoo alguén tan pouco dubidoso como o máximo responsable da organización) menos do dous por cento do que gasta atendendo aos máis necesitados.
E aí teñen vostedes, se aínda non están indignados, aos xefes da Europa rica sacándolle as cores ao recruta Mariano polo mal que leva o papel de recadeiro... aínda que corre que llas pelas facendo o paso de ganso (¿ou era de oca?) ao redor da "seño" Merkel.
E aí están os patriotas de hoxalata trasladando os seus euros a Francia, Suíza e Alemaña.
Alí mandamos, primeiro, á División Azul para loitar contra o maligno; máis tarde aos nosos paisanos, emigrantes que facían o traballo sucio que lles levantou o país, e agora os euros isto está tocado, afundido.
E aí teñen ao xuíz da "semana caribeña" tirando o diñeiro público en "modestos" hoteis de catro estrelas. ¿Con quen? A revista satírica Mongolia, sábeo. Busque en Internet.

É para indignarse. Sobran os motivos

1 comentario:

Anónimo dixo...

Todos son una banda de aprovechados :primero del dinero que se llevan ,las clausulas que se ponen para cuando dejan el puesto" que encima que roban ,hay que pagarles una indeznizacion ,una paga vitalicia y despues se van a otras empresas publicas para seguir recojiendo lo que no les dio tiempo......QUE DEVUELVAN TODOS TODO LO QUE HAN ROBADO, BANQUEROS,POLITICOS y TODOS LOS ERES FRAUDULENTOS.......con los intereses correspondientes