martes, 12 de xuño de 2012

COMBATER A FRAUDE FISCAL

A fraude fiscal en España triplica o gasto público, o subsidio por desemprego e é máis de 10 veces o orzamento en I+D+i civil. A fraude fiscal en España é comparable en orde de magnitude ás provisións que necesita a banca (que non coñecemos exactamente). Non comparemos coa educación, a protección ao medio ambiente ou a axuda ao desenvolvemento.
Namentres os nosos gobernantes xustifican que "sobran investigadores", afirman que teremos o Estado de benestar "que nos podamos pagar", pon trabas á inspección fiscal e afirman que "pódese facer máis con menos".
Amnistían aos que defraudan, aos que constrúen ilegalmente e destrúen o litoral e a montaña, e por omisión axudan ao corrupto, ao que contamina, ao malversador, ao que se enriquece ilicitamente. Castigan por inacción aos honrados, aos que traballan, aos que dan a cara, aos que respectan as normas. E de cortina de fume, autoestima por vía de retransmisión deportiva, veña pan e circo futbolístico ou olímpico.
Os nosos gobernantes non queren que se saiba nada porque daría mala imaxe, claro. Propoño que pechen os xornais para que non nos decatemos, e as escolas e os institutos de investigación para que non pensemos, así teremos finalmente un país "a medida".
É que nos volvemos todos tolos? Ou cómplices? É que ninguén vai facer nada? E.R.I.

1 comentario:

UN CIUDADANO dixo...

Los partidos políticos lo llevaba en su programa electoral de gobierno, como los sindicatos UGT y CCOO, así como el sindicato de los inspectores de hacienda llevan años intentando que se combata, tanto el fraude como la economía sumergida, siendo esta ultima la peor de las lacras, puesto que influye directamente sobre la precariedad del mercado de trabajo.
En este país, si se trabajaran las horas que por ley marcan los convenios, habría trabajo para mucha mas gente, y no digamos de las horas extras, que se realizan por encima de lo estipulado, y que además todos sabemos que se cobran en negro (si se cobran).
Esto es economía sumergida, al igual que el echo emplear a gente sin contrato, o no disfrutar de las vacaciones o descansos compensatorios por exceso de horas, pero dudo mucho que esto sea perseguido por el PP, como no lo fue anteriormente por PSOE.