luns, 16 de xullo de 2012

ANATOMÍA DUNHA CRISE

O caso aberto contra Bankia é importante, pero é necesaria unha investigación pública sobre todo o sistema financeiro español.

Dende que o Goberno español decidiu rescatar Bankia hai dous meses, houbo innumerables chamamentos en España para investigar que é o que se fixo mal. Os líderes políticos fixeron oídos xordos porque temían que puedieran evidenciarse os seus estreitos vínculos coa xestión do banco.
Os xuíces teñen agora o asunto nas súas mans. A Audiencia Nacional abriu o caso para investigar se os altos executivos de Bankia falsificaron as contas e furtaron datos os investidores durante a saída a Bolsa da entidade. Un deles é Rodrigo Rato, exministro de Economía e ata fai pouco presidente de Bankia. Se hai responsabilidades penais deben quedar ao descuberto. (...) Pero esta investigación non debería distraer da máis ampla cuestión acerca de que se fixo mal en todo o sistema financeiro. Só unha investigación pública pode demostrar que España é capaz de afrontalo para salvar o resto do sistema. (...)
A clase política ten razóns para estar preocupada cunha investigación que pode irritar os votantes. Pero evitar o mea culpa pode xerar unha reacción aínda peor. No caso de Bankia, centos de miles de clientes adquiriron accións cuxo valor se derrubou dende a saída a Bolsa. (...)
En caso de que Madrid abrise unha investigación, o seu podería ser un bo exemplo para o resto de Europa. (...) Manter esas íntimas relacións entre os bancos e os políticos é incompatbile coa ambición da eurozona de contar cunha unión bancaria.  FINANCIAL TIMES

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gobiernos y políticos hay de sobra, lo que falta es honradez que además es gratis.
Hace falta "algo" de justicia por encima de la clase política y que funcione.
No se puede masacrar tanto a la gente decente y salvar bancos y ladrones a toda costa.
Lo diré una vez mas: lo llaman democracia y no lo es y pepepesoe la misma mierda es.