martes, 17 de xullo de 2012

DESTRUCCIÓN A TODA COSTA

O urbanismo salvaxe, a construción de infraestruturas e a contaminación destruíron nas últimas dúas décadas 7,7 hectáreas de litoral ao día para crear urbanizacións, chan industrial e chan comercial. O 44% da poboación española vive na costa, que representa menos do 7% do territorio, o que supón unha gran presión sobre a franxa litoral, ata tal punto que nalgunhas comunidades máis do 75% dos terreos lindantes ao mar son urbanos ou urbanizables.
A mala xestión costeira significa un gasto de diñeiro público que supón "parches" cortoplacistas, de 100 millóns de euros de media cada ano, tendo en conta só os Presupostos Xerais do Estado de 2012, para a rexeneración de praias, construción de espigóns, dragados ou reconstrución de paseos marítimos.
Actualmente perdeuse case o 60% da superficie de brañas costeiras, o 70% das lagoas costeiras e só o 20% dos sistemas dunares está en bo estado. Nacións Unidas estima que en España se perdeu, debido ao urbanismo e á contaminación, un 62% dos beneficios económicos e ambientais da costa. Precisamente, un dos principais problemas identificados é o feito de que ao executarse obras na costa non se considera o impacto económico engadido á perda do capital natural.
A política actual de costas tampouco está a ter en conta a ameaza á que se enfrontan as localidades ribeirás debido ao cambio climático, que supón que o Estado terá que asumir un custo de 3.415 millóns de euros de aquí a 2100 debido á intensificación dos temporais e a suba do nivel do mar. Contrario ao que cabería esperar fronte a este escenario, non se están a formular estratexias políticas de futuro, pola contra, anunciouse unha reforma da Lei de Costas "á carta" máis permisiva con proxectos ilícitos no litoral.
A reforma da Lei de Costas, debe considerar a inclusión dunha fiscalidade ambiental, a xeito de ecotaxa, que reverta na conservación do litoral e as súas servidumes de protección. Este investimento sociabilizaría os beneficios e privatizaría os gastos, que é xusto o contrario do que sucede na actualidade. GRENPEACE ESPAÑA

1 comentario:

Anónimo dixo...

¿Hacen falta muchos datos para lo que podemos ver con nuestros propios ojos? ¿Nadie se acuerda de lo bonito que era Asturias hace 20 años, y Galicia?
Estamos destrozando nuestro paisaje ¿tiene que venir Greenpeace a decirlo, es que somos bobos en este país? Teniamos una país bellísimo, nos lo estamos cargando, nuestro paisaje y playas ya no es lo que era, nuestros pueblos ya no son lo que eran, estamos destrozando nuestro patrimonio. Y sí...sandías.... verdes por fuera rojos por dentro ¿y eso qué tiene de malo? El ecologismo no es rojo, es más que rojo, viene a decir la verdad más innegable, ya que más temen todos los poderes fácticos, una verdad mucho más destructora que la del comunismo. Pero los ecologistas sólo son el mensajero, la verdad está ahí: LA TIERRA ES LIMITADA Y HEMOS BASADO TODA NUESTRA ECONOMÍA EN EL CRECIMIENTO, EN EL CONSUMISMO Y EN LA DESTRUCCIÓN DEL MEDIO AMBIENTE.