luns, 2 de xullo de 2012

BANQUEIROS E TRABALLADORES

Falar dos paises, ... Alemaña, Italia, Francia, etc., ... coma se fosen unidades cun só interese, é o mellor xeito de non entender nada do que aquí está ocorrendo.
En cada un dos paises desta nosa Europa, existen intereses contraditorios. Isto é así pola sinxela razón de que as sociedades destes paises están divididas en clases sociais que son as que establecen estes antagonismos.
Non ten os mesmos intereses un traballador que un banqueiro.
Un traballador necesita , en primeiro lugar, un traballo co cal poder gañar o seu xornal. Necesita que o seu salario sexa digno. Necesita uns servizos públicos (educación, sanidade, seguridade social, etc. ), que complementen o seu xornal, para el e para a súa familia.
Un banqueiro, ten todo iso resolto porque a súa posición social e económica, derivada da súa condición de banqueiro, dálle acceso a todas esas necesidades e ademais, de primeira calidade.
En cambio, necesita que a Curmá de Risco sexa... máis bién alta, porque así gañará máis diñeiro cos seus investimentos. Necesita que o Goberno faga recortes no gasto público porque así terá máis garantido o cobro dos seus intereses. Necesita que o estado aumente os impostos, porque así poderá devolverlle mellor os seus capitais investidos en débeda pública.
Ou sexa, que o que lles convén a uns é o que nos complica a vida aos demais.
Xa que logo, cando falamos dun pais de Europa, o que sexa, ... Falamos dos seus banqueiros ou dos seus traballadores?

Ningún comentario: