martes, 3 de xullo de 2012

DEMOCRACIA?

Indubidablemente, si. Débese investigar a Bankia, Rodrigo Rato e condenar severamente todas as infraccións cometidas por uns e outros. Logo de todo isto, porque está claro que Bankia é só o botón de mostra de toda esta corrupción e de todo este desastre, deberíase seguir investigando a conduta nada ética , ata criminal do resto de banqueiros, políticos, empresarios,.... que por unhas ou outras accións consentiron que vaiamos á ruína neste país. (É igual de crime matar a unha persoa que permitir a miseria económica de todo un país). Se disto dedúcense feitos delituosos, deben pagalos.
A continuación quizais se debería reformar a Constitucion en aras dunha maior transparencia e integridade política, dun axuste no tempo no poder das persoas, dun cambio no modelo matemático do reconto electoral, da asignación dos soldos da clase política, da tan cacareada eliminación de cargos públicos... En definitiva sería sanear as institucións e as políticas bancarias e financeiras e regular e controlar as malas praxias dalgunhas empresas que como é o caso das inmobiliarias, fixeron á súa antollo e provocaron un falso estado de euforia económica que non tardou moito en estalarnos a todos.
En definitiva, é moi necesaria unha investigación e aclaración de todos os feitos, pero sobre todo, deben comprender que se vai acabando o tempo de facer mal as cousas e escapar impunemente.

1 comentario:

Anónimo dixo...

El problema a mi entender, no solamente está en el sistema bancario, sino en quien controla a los controladores.
LLamese Banco de España, CNMV, Tribunales de Cuentas, Banco Central Europeo, Fondo Mometario, Banco Mundial, Reserva Federal, Club de París y un largo etc.¿ Donde estaban todas estas eminencias cuando estallo la mayor crisis financiera de la história ?
Responsables de esta mayor pobreza, ¿ quienes ?
Donde está el Ministerio Fiscal actuando con rigor ?