xoves, 19 de xullo de 2012

FRAUDE OU IGNORANCIA

Non son as contradicións xa coñecidas. É que todo o programa do PP é unha trangallada se se compara co feito.
¿Non tiña o PP idea ningunha da profundidade e a natureza da crise económica (como no seu momento lle sucedeu a Zapatero, polo que foi acoitelado dialécticamente) ou, coñecéndoa, perpetrou unha xigantesca fraude co seu programa electoral? ¿Tiña un programa oculto -que é o que se está a aplicar-, como sostiñan algúns, ou non tiña nada, como dicían outros? ¿Son sectarios os seus principais representantes no Goberno ou uns malos xestores? Cando pase o tempo e se analice cun pouco de distancia o período actual, os politólogos haberán de abrir un capítulo en relación coa calidade da democracia, ao comparar a práctica política aplicada polo equipo de Rajoy co que dicía na oposición, inmediatamente antes de chegar a La Moncloa.
Non se trata, unha vez máis, de establecer as analoxías e diferenzas entre o que dicían e o que fixeron en materia de abaratamento e facilidades para o despedimento, subas de impostos directos e indirectos, deducións para a compra de vivenda ou adelgazamento do investimento público en I+D. É que todo o programa electoral (nas súas dúas versións, a completa titulada Lo que España necesita, ou a abreviada, Súmate ao cambio. 100 propostas para o cambio) é unha trangallada no concreto e no filosófico. Nada ten que ver o PP teórico de antes do 20 de novembro co posterior, o que acentúa as preguntas iniciais: era ignorancia ou engano?
Obsérvense os eixes fundamentais do programa electoral, entre os que figuran textualmente o crecemento económico e a xeración de emprego, a mellora da educación, a garantía da protección social coa sanidade e a educación como prioridade, o fortalecemento institucional e a rexeneración política ou a fiabilidade no exterior. Poderíanse entender algúns pasos atrás conforme avanzan os problemas económicos, pero non aquela apelación ao diálogo sobre "todas as accións e acordos políticos" que ofrezan solucións duradeiras en relación ás permanentes cabazas dadas á oposición sobre un pacto de Estado para saír da crise. O as chamadas á revitalización ao Parlamento, recoñecendo "o dereito da oposición a promover iniciativas" ou recuperando "o sentido constitucional do decreto-lei", cando case o 80% das iniciativas mandadas polo Goberno ás Cortes se fixeron por este procedemento sen que moitas delas estivesen acuciadas pola urxencia que o xustifica.
Tanto desgaste na palabra dada en tan poucos meses. Como cando o PP defende no seu texto programático o compromiso a "preservar o carácter universal e a calidade dos servizos públicos que conforman o Estado de benestar" ou "co mantemento do poder adquisitivo das pensións". ¿É posible que nas filas da dereita haxa quen siga defendendo, sen ruborizarse, que os elementos claves do seu proxecto ("ilusionante") se centran na xeración de emprego e de oportunidades, a mobilidade social e o compromiso co benestar, cando toda a política económica destes seis meses foi en dirección contraria?

1 comentario:

Anónimo dixo...

El Pueblo Soberano contra su empleado; el Gobierno déspota.


Por el poder que me ha sido conferido por la Constitución de todos los ciudadanos de esta Nación y ateniéndome a la Ley promulgada por el chamán de su seccción gubernamental, está usted despedido señor Gobierno sin derecho a indemnización al no haber cumplido aún un año de actividad laboral, por inepto, por insultante a nuestros ciudadanos en paro y por habernos engañado asegurando que poseía la Piedra Filosofal presentando un curriculum falso.


Márchese sin recoger sus pertenencias que tenemos que inspeccionar antes de devolvérselas, por los presumibles delitos que pueda usted haber cometido, ya que ha quedado probado ampliamente que fue usted en la época nefasta del aznarato el promotor de la crisis específicamente española creando la perversa burbuja inmobiliaria.