xoves, 12 de xullo de 2012

O CANCRO DA CRISE É DOS POLÍTICOS

Que máis probas necesita Europa, para entender o desastre a que nos levan os seus dirixentes?. Catro anos de fracasos continuados para sacarnos da crise mediante a estratexia dos mesmos que a crearon, que nos empobrece dende a periferia cara ao centro. Catro anos de representantes do pobo entregándose ao Amo e manexando prácticas económicas, sen tomar unha soa medida política. Os que empurrados polo temor do resto do mundo a un contaxio, presentan, agora, como un cambio de orientación que só é unha escusa de entretemento.
Alemaña, baixo o mesmo principio que usou en "o seu momento" buscando un inimigo exterior que sobre o que cargar as culpas do seu fracaso económico,- unha tapadeira para a impotencia de edificio ideolóxico para encontrar solucións- agora coloca, ante os ollos da súa cidadanía, ao sur como velado de oito millóns de mini-job, que Alemaña non consentiría se non tivese un culpable alleo ao que mirar. Estamos a xogar ao mesmo e nese percorrido traizoouse o pobo grego e os países intervidos en defensa dunha política económica que destrúe a creación de riqueza para asegurar o cobramento a curto prazo da débeda que afundiu o sistema económico.
"O cancro desta crise é o endebedamento excesivo, haberá que recordar que quen o provoca é a burbulla. E que "na xestación dunha burbulla exerce un papel principal o sistema financeiro: sen sistema financeiro non hai burbulla porque a presión compradora que fai posible o aumento do prezo dos pisos e terreos se alimenta do crédito"

Ningún comentario: