mércores, 11 de xullo de 2012

BANDIDOS Y TAHÚRES

Estaba fronte ao televisor vendo unha do Oeste -xa saben: tiros e pelexas; bandidos, truans e tahúres- cando, cansado de cabalos e malos, paseime á lectura dos xornais e, agora non falo do salvaxe Oeste, atópome con noticias que deixan a este país "cuspidiño" ao da película: A Xunta, resalta a prensa, ocultou un informe contra unha obra que beneficiou a Reganosa... e enseguida recordei as manifestacións (¡a ría e nosa non de Reganosa!) e o coñecemento dun pacto secreto entre o entón presidente galego, Manuel Fraga, e a empresa para favorecer á segunda, seguir mandando o primeiro, mentres, doutra banda, púñase en perigo a todo un pobo...
Ás historias dos irmáns James (Frank e Jesse) contrapómoslle os chanchullos das nosas caixas; ás tropelías dos gandeiros fronte a ovejeros, agricultores ou indios, temos a desvergonzada amnistía fiscal e o caso Gurtel.
Hai máis: a subvención "xunteira" a un tanatorio ilegal, en Oia: os xenerosos diñeiros que dan os gobernos de España e Galicia para esa festa gastronómica do cocido de Lalín...
Aquí están os xefes de Bankia onde ilustres nomes de "populares" políticos enfróntanse a demandas da fiscalía por indicios de catro grandes delitos e (máis cerca e cercados) os "nosos" da nova-vella caixa a quen tamén lles piden contas a xustiza...
E seguimos á espera de xustiza para os presuntos da Gurtel que, mentres o resto do país apertábase o cinto, eles "apañaron" enseguida millóns de euros para pagar a fianza e gastaron outros moitos "segundo a acusación" para pagar mitins do partido da gaivota.
E aí está, na súa casa tan ricamente, cun salario de máis dun millón das antigas pesetas, como premio ao seu paso pola xustiza, ao señor Divar, que fixo as contas do gran capitán e quedou con pas e azadons entre rosarios e misas. ¡E falan das pensións dos mineiros!
Máis "pelis"? Aí teñen ao electricista que roubou o Códice Calixtino, ao poli que o detivo, que como é do país, fixo enseguida a radiografía do ladrón : pechado, escuro, galego, mentres o deán aparece como un adiantado niso de Eres" que están ultimamente tan de moda.
Agora téñennos que contar que papel xogou a policía que desde fai un ano coñecía todos os detalles...

1 comentario:

INDIGNADO dixo...

La verdad, ya me da pereza seguir viviendo en este pais. Esto es insostenible. Se lo esta cargando el PP. Ya veremos que pasa esta Navidad con el consumo, fechas en que muchos comerciantes alivian sus perdidas. Tambien echaran la culpa al anterior gobierno. Quisiera saber si a uno solo de los familiares de ministros y altos cargos le pasa factura esta crisis o practican el nepotismo. Tal vez por ello tiene esa cara de satisfaccion nuestra inclita vicepresidenta: no lo sufre ni en sus carnes ni en las de sus familiares; los demas nos fastidiamos. Por cierto, nadie habla de la legion de prejubilados de los bancos, de la admon, del ejercito, de las grandes empresas, que se han ido a sus casa con 50 años y el 100% del sueldo y segurameente tiene sociedades con testaferros. Tampoco le afecta la crisis. Seguro que no dirian nada si le toca un poco el sueldo.