martes, 28 de agosto de 2012

MAMÁ, QUERO SER ASESOR

Luis del Val
O asesor nace ou faise? ¿Hai unha clara vocación dende a máis tenra pubescencia, unha especie de pálpito que vén xa da infancia, ou, pola contra, un pode chegar a ser un asesor de proveito sen posuír dotes naturais? Pode parecer unha cuestión irrelevante, pero tendo en conta que imos camiño dos 20.000 asesores, convén ter un coñecemento máis profundo deste selecto grupo de persoas que inflúen, polo menos en teoría, sobre as decisións que toman presidentes autonómicos, ministros, alcaldes e demais xerarcas da Administración.
Non hai en España nin unha soa Facultade de Ciencias da Asesoría, nin unha Escola Oficial de Asesores, nin sequera un Instituto de Altos de Estudos da Asesoría. Con esta falta de infraestrutura pedagóxica pode ser terrible o desacougo dunha nai cando o seu fillo, un día calquera, o solte: "Mamá, quero ser asesor". Que facer? Podería darse a feliz circunstancia de que a nai teña un amigo ministro, pero a tenra criatura pode ter nove ou trece anos, e xa sabemos o pouco que dura o ministerio na casa dos ricos, é dicir, que cando o asesor/a vocacional estea en idade de merecer, de merecer unha asesoría, o ministro será xa un exministro con moita experiencia.
Se, pola contra, non son precisos dotes naturais para asesorar, poñamos por caso, ao presidente da Deputación Provincial de Huelva ¿que pode facer unha nai, se a nai vive en Lugo? ¿Debaterse entre a dúbida de enviar ao fillo/á Huelva ou soportar a angustia non sexa que, de súpeto, o futuro asesor/a se sinta capacitado para asesorar o ministro de Industria?
Estamos a falar dun problema que pode afectar a corenta mil nais e pais, desorientados ante esta cuestión insoluble. Porque, ademais, se os asesores son uns plastas asesorando por falta de preparación ou por falta de adestramento, seremos millóns de españois os que sufriremos as consecuencias.
Os mal pensados cren que non ten importancia, porque os asesores non fan nada pola mañá e o pasan a limpo pola tarde. Pero se iso fose así, serían miles os asesores que, a estas horas, e nestas datas, dada a situación do país, xa terían presentado a dimisión. Dimitiu algún asesor? Non. Entón, queridas nais, temos un problema.

1 comentario:

Anónimo dixo...

El puesto de asesor es como el recho de pernada del político. Todo cargo polìtico, para el que el tiempo ha demostrado que no se requiere más preparación que trepar en la estructura de un partido político, da derecho a poder nombrar a dedo a un determinado número de asesores que lo mismo son sus familiares que el profesor de la academia de inglés que luego sale pederasta. ¿Son estos asesores personas de reconocido prestigio profesional con capacidad para cubrir las carencias del político? No necesariamente ya que para ello disponen de una pléyade de funcionarios que han tenido que demostrar sus méritos y capacidades en una oposición y que son los que hacen el trabajo (y a los que se les reduce el sueldo unilateralmente por la empresa-administración).La función del asesor no es la de asesorar sino la de acompañar y adular al político, algo así como su clan personal.