mércores, 29 de agosto de 2012

CIDADÁNS TIRADOS

Un estado decente non deixa na rúa a familias sen recursos para sobrevivir, é indigno. Os escasos servizos sociais que había en España estanse a desmontar a pasos axigantados, coa escusa da crise da que se están a aproveitar os ideólogos da avaricia que cada vez queren gañar máis, arruinando os máis débiles coa equiexcencia dos gobernos que eles promoveron coméndolle o coco os electores para gañar as eleccións con mentiras. Debera ser delito contra o Estado tanta manipulación a sabendas.
Non é serio, así ímonos ao conflito social polas malas prácticas dos irresponsables do noso país. As crises sempre existiron pero non atacan aos corpos con defensas. Aos nosos gobernantes esqueceuse a realidade que sempre está latente. Velaí a valía dun bo político para dirixir un Estado. A Revolución Francesa desatouse porque había unha nobreza que estaba sempre de festa e o resto da poboación morréndose de fame polas rúas. Nos nosos tempos estamos a galopar cara a unha sociedade similar cada vez máis desigual. Quítaselle a miseria de 400 euros a unha familia e pola contra sácase unha Lei para limitar os soldos de altos cargos a 300.000 euros ao ano (que vergoña), despois de saquear as administracións, caixas e bancos, que temos que rescatar á forza, cos nosos impostos, as clases medias e baixas. Non se entende que un presidente do goberno de España cobre 78.000 euros ao ano e outros ministros e cargos inferiores cobren, en moitos casos o dobre, o que demostra as disfuncións do noso país con excesiva incoherencia histórica por culpa da falta de sensibilidade dos seus gobernantes cara á totalidade da cidadanía á que se deben. Falta honestidade e coraxe dos nosos líderes políticos que tocaron poder e teñen a sorte de poñer os seus propios soldos. Outro anacronismo máis. Agora tómana cos funcionarios de oposición, cando encheron as administracións con afíns, colocados irregularmente producindo gastos insoportables. Os políticos son responsables do bo funcionamento do Estado e este é de todos os españois sen excepción. O funcionario está sometido ás normas e os políticos, de facelas cumprir e dando exemplo.

Ningún comentario: