domingo, 16 de setembro de 2012

EDUCACIÓN DOS POLÍTICOS

Para ser Presidente do goberno non hai que ser político, hai que ser estadista e para ser político non abonda ter unha educación pródiga, hai que ter espírito social e de entrega.
Pero claro, isto é en Europa porque en España para ser Presidente do Goberno tes que ser un bo manipulador social e para ser político, en lugar de espírito de entrega, tes que ter espírito afanador. En España, a de político debe de ser unha das escasas profesións para a que non fai falta ter o bacharelato.
Ponse de manifesto no continuo rizar o rizo, lexislatura tras lexislatura, da mala educación, a ausencia de maneiras e o descoñecemento dos principios elementais da gramática, a sintaxe, os cidadáns e cidadás, a linguaxe sexista ou non sexista, a memoria histórica, a economía, o dereito, a ciencia, a diplomacia.
E enriba de cantamañas, chulos. Ousan pedir contas á Xustiza, á Real Academia Española ou á da Historia, a calquera institución sabia, respectable e necesaria, por non se pregar aos seus oportunismos, enxaugaduras e demagoxias.
Vivimos en pleno disparate. Calquera paifoco mierdecilla, calquera leguleyo marrullero, son capaces de levárseo todo por diante por un voto ou unha lexislatura. Saben que ninguén pide contas. Atrévense a todo porque todo o ignoran, e porque lle colleron o tranquillo á impunidade neste país miserable, covarde, que nada esixe aos seus políticos pois nada se esixe a si mesmo.
Tomáronnos perfectas as medidas, porque a incultura, a covardía e a estupidez non están disputadas coa astucia.
Hai imbéciles analfabetos con disposición natural a medrar e a sobrevivir, para os cales esta torpe e cohibida España é o paraíso.
E así, tras a anada de políticos admirables que tanta esperanza nos deron, tomou o relevo esta xeración de trileros profesionais que non viviron o franquismo, a clandestinidade nin a Transición, mediocres, funcionarios de partido que tampouco traballaron na súa vida, nin teñen intención de facelo.

Ningún comentario: