martes, 25 de setembro de 2012

UNHA XERACIÓN PERDIDA

O informe da OCDE "Panorama da educación 2012" entraña tanta gravidade que é razón máis que suficiente para que todo o país se poña a pensar e todos os políticos, do goberno e da oposición, se encerren para reverter eses datos arrepiantes.
Preto de dous millóns de mozos españois de idade entre os 15 e os 29 anos, o 23 por cento  desa franxa de idade, pertencen á xeración chamada popularmente "nini", de rapaces que nin estudan nin traballan.
O informe é unha foto fixa do ao ano 2010 -a día de hoxe seguramente os datos serán peores- que revela fallos no mercado laboral, incapaz de absorber man de obra nova. Pero del despréndense tamén fallos no sistema educativo que ten enormes deficiencias, entre elas o abandono escolar, que as sucesivas leis de ensino non foron capaces de corrixir e, probablemente, tampouco o fará a que prepara o goberno actual.
Unha segunda deficiencia é  escasa implantación da Formación Profesional -España é o país da OCDE con menor porcentaxe de diplomados- e a propia estrutura e programación deste área formativa que tampouco responde ás demandas e necesidades da empresa.
Na recente visita de Merkel a Madrid os empresarios alemáns explicaron aos seus colegas españois o seu sistema de Formación Profesional que naquel país facilita o tránsito das aulas ao mercado de traballo e parece que os empresarios españois quedaron prendados do modelo alemán que consideran válido e aplicable á situación española. Pero xa verán como aparecerá alguén -algún dirixente ou algún sindicalista- que dirá que as nosas circunstancia educativas e laborais son distintas e, polo tanto, o que fan en Alemaña non é extrapolable á situación española que seguirá adoecendo de escasa ou nula coordinación entre as aulas e a empresa para formar e facilitar aos mozos o seu acceso ao sistema produtivo.
A OCDE alerta os dirixentes políticos sobre a situación destes mozos. Deberían tomar boa nota e estudar por que investindo máis en educación que outros países -malia os recortes- España ten peores resultados. E, sobre todo, deberían chegar a amplos acordos en educación, que é un investimento produtivo que garante o futuro do país.
Pero vai ser que non porque a nova lei de educación que prepara este Goberno -outra máis- nace sen acordo, nin sequera de mínimos. Cambiaraa o próximo, como vén sendo habitual neste país e seguiremos perdendo aos mozos. J.C.L.

1 comentario:

UNO dixo...

La ONU y la OTI han disparado todas las alarmas.

Si nos hacen perder una generación, habremos perdido todo el país. Hemos de reaccionar y además de huelgas y manifestaciones, hemos de poner en marcha los medios de autodefensa y valernos por nosotros mismos. El Estado nos ha abandonado.

Si no, ¿Cuál es el futuro que se le espera a este país con 6 o no sé cuantos millones de parados, y una generación de jóvenes perdida, más los hijos de los trabajadores con, apenas, a una formación precaria que intuye nuevas generaciones perdidas?.

Hemos de exigir con la presión en la calle, la nacionalización de las empresas y bancos que cierren y su entrega a los trabajadores en paro, y si no, la ocupación de las mismas. Estamos en un momento de emergencia social y, por lo tanto, en la obligación de retirarles nuestro consentimiento y comenzar a desobedecer.

Nos va la supervivencia.