mércores, 26 de setembro de 2012

UNHA PENSIÓN DE MÁIS DE 170.000 EUROS

A Mesa do Congreso deu vía libre á pensión por cesamento reclamada pola ex Valedora do pobo María Luisa Cava de Llano de máis de 170.000 euros en dous anos, despois de que esta fose relevada do seu cargo por Soledad Becerril a finais do mes de xullo.
Tras o seu cesamento, a Mesa do Congreso recibiu unha petición de María Luisa Cava de Llano, que exerceu o cargo en funcións como substituta de Enrique Múgica, na que solicitaba cobrar a devandita indemnización, correspondente ao 80 por cento do seu soldo no cargo durante dous anos.
Segundo informaron a Europa Press fontes da institución, Cava de Llano exercía como titular da institución pero viña percibindo unha retribución anual de 107.572 euros como adxunta ao Valedor do pobo, posto dende o que sucedeu a Múgica. Por iso, a pensión indemnizatoria superaría os 170.000 euros ao cabo dos dous anos para os que está establecida.
Tras recibir un informe dos servizos xurídicos, a Mesa do Congreso acordou recoñecer o dereito á pensión indemnizatoria tanto á ex Valedora do pobo como ao último presidente do Tribunal de Contas, ao entender que cumpren os requisitos legais para iso.
Precisamente, o próximo luns as Mesas do Congreso e do Senado aprobarán nunha reunión conxunta os presupostos das Cortes Xerais para 2013, onde se encadran as contas da Defensoría do Pobo, aínda que esta vez con Soledad Becerril á cabeza da institución e con retribución como titular.

Ningún comentario: