venres, 12 de outubro de 2012

A QUEN CORRESPONDA

Pasaron xa as épocas na que o despostismo ilustrado construía a realidade ao berro de “todo para o pobo pero sen o pobo”. Incluso aquelas outras nas que, por decreto e sen consulta, aplicaban as directrices do “ordeo e mando”. Hoxe, recuperado o valor da convivencia, e grazas á acción positiva da política como armazón da nosa sociedade democrática,  temos voz e debemos ser escoitados, como individuos e como colectividade.
Pode que o pobo non teña toda a razón, pero ten razóns que axudan a construir a verdade, esa verdade que acaba por poñernos dacordo no esencial. Atravesamos unha mala época agravada polos recortes que o PP deseña e aplica indiscriminadamente. Pero ten que haber límites infranqueables. O respeto á dignidade das persoas debe ser o norte que nos guíe. E para iso, precisamos que a esquerda esperte do adormecemento que lle impide facer o que sempre fixo: dar resposta axeitada a cada tempo e a cada necesidade.
Foi a esquerda a que construíu os dereitos que hoxe elimina a dereita. Foi a esquerda a que defendeu aos que precisaron defensa; a que creou sistemas de igualdade e garantizou o progreso e a modernización do país. Creamos unha estructura política baseada nunha época socioeconómica concreta. Se precisamos modificala, fagámolo. Eu suprimiría deputacións, así como delegacións e subdelegacións do Goberno. Modificaría o Senado e algunas cousas máis. O PP non soluciona, engana. Despois das eleccións virá o rescate. A crise é a súa coartada. As tensións nas rúas a súa xustificación. Que a esquerda escoite por favor. É urxente. DOMINGO TABUYO

Ningún comentario: