xoves, 25 de outubro de 2012

AS INSTITUCIÓNS NON FUNCIONAN

As nosas institucións non funcionan porque os que as ocupan non saben dirixilas; puxéronse ao lado dos defraudadores de cor branco, non pagan as súas fraudes, incumpren a legalidade, as promesas electorais, etc. Os partidos producen buratos negros na súa vida interna, negando ao militante dereitos estatutarios. Iso e a Lei Electoral de listas pechadas fan que calquera cidadán que queira participar na vida pública teña que pasar por esas pautas ao servizo do líder. Todos estes atropelos nunca foron condenados polos tribunais, a pesar de ser denunciadas polos afectados. Os líderes dos partidos tíranse a matar para chegar ao poder, pero coa crise matan os cidadáns que estamos no medio.
Os partidos, en vez de ser escolas para a democracia, converten os seus líderes en ditadores, polo que non é de estrañar a baixa calidade democrática de España. Estes mediocres leváronnos á dilapidación, cubrindo ambicións persoais, anulando propostas de xente ben preparada, desprazada por ineptos para un cargo público, que sobreviviron mentres durou a burbulla económica. Estamos metidos nun círculo vicioso que empezou hai anos coa entrada do euro. Fíxose a orxía que agora estamos a pagar os inocentes con austeridade insoportable para moitos. Todo isto e o embarque que nos fixeron os bancos alemáns a través dos nosos nos arruinou, co visto e prace dos nosos gobernos.
Os órganos de control, que nomearon os gobernos, miraron para outro lado. Quioscos improdutivos por todas as partes. Foron gobernos de dispendio. A democracia empeza por abaixo, debendo ser correspondida polos elixidos. É de libro, afastados dos intereses persoais, así como os grupos de presión que buscan medrar nos privilexios e na especulación, causando miseria aos demais, estrangulando a sociedade e a convivencia. Este é un barco onde o máximo responsable é o capitán, pero, por boa tripulación que teña, se é un irresponsable, o barco irase contra as rochas. O Goberno é o máximo responsable do país e debe dar exemplo respectando as regras de xogo.

Ningún comentario: