mércores, 24 de outubro de 2012

FOLGA XERAL

Dende o inicio da crise económica as elites europeas están a ver perigar o status da UE como potencia central dentro do capitalismo. As clases dominantes europeas lanzaron un grande ataque para reducir as condicións de vida dos pobos de Europa mediante a destrución dos servizos públicos e con ataques reiterados ás condicións laborais.
Os plans de axuste e os chamados rescates déronse de xeito graduado no tempo, porque os gobernos queren evitar custe o que custe aquilo que hai tempo reclamaba unha pancarta no Partenón: que os pobos de Europa se levantaran. Só por este motivo, por ser un paso adiante, paga a pena avalar a folga xeral do 14 N. A decisión da Confederación Europea de Sindicatos (CES) é un paso correcto, de feito é inaudito que se tardase tanto en convocar un día de acción coordinada. Seguramente, experiencias como as manifestacións globais do 15O de 2011 e o 12 M de 2012 convocadas polos movementos sociais, a esquerda sindical e organizacións revolucionarias, tiveron algunha influencia na data do 14 N.
Esta era dende hai tempo unha convocatoria urxente ante a avalancha de recortes e a incesable suba do paro. Os presupostos de 2013, presentados polo PP, representan o maior ataque dende a Transición aos dereitos da clase traballadora, reducen todas as partidas sociais (un 18% a educación, un 22% a sanidade e un 6% a prestación por desemprego) mentres se manteñen as compras de armamento, as bonificacións fiscais ás empresas e, abrigo, destínase máis diñeiro a pagar os intereses da débeda que ao conxunto dos salarios dos empregados e empregadas da función pública.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Porque mandan los mismos que evaden, porque son inmunes e impunes a todo, porque son los nuevos señores de horca y cuchillo, porque son los que mandan a los que nosotros ponemos, pero de los que no mandamos, los políticos del sistema, son de partidos de gobierno, son los palanganeros del burdel de los amos. Se debe votar a politicos a los que podamos pedir c Cuentas,que legislen para el pueblo y no para los amos.Y acabar con sus paraisos fiscales y adecuar las leyes fiscales a la justicia. Por ejemplo modificar la ley de la dación en pago, cosa que ya han hecho las constructoras con sus pisos, que les hicieron dación en pago a los Bancos y Cajas, a las que han hundido que solo deshaucian y dejan llenos de deudas a los pobres....