martes, 23 de outubro de 2012

É EUROPA A SOLUCIÓN?

Que esta crise nos afunde cada día máis no abismo e nos aboca á pobreza máis absoluta está máis que claro, cristalino, do que podemos deducir que Europa non é a solución e que por ende Europa é o problema.
Este liberalismo brutal ao que nos somete a globalización económica é unha fábrica de estados sometidos aos bancos e de cidadáns afundidos na miseria e polo tanto exclavizados baixo o látego cruel e inhumano das hipotecas. Esta Europa envellecida e enferma é o primeiro problema e estas pseudodemocracias corrompidas ata a medula é o segundo problema.
 A saída? Pinta mal e témome que pinte en bastos, porque uns estados con cidadáns cada día máis empobrecidos e que fagan decaer o consumo fará que a recesión nos engula na súa propia endogamia.
A clase política? Están tan pringados todos e a súa imaxe tan deteriorada que ese será outro problema a tratar non tardando moito.
O poder xudicial? Xa me contaredes, xuíces que son perseguidos e apartados da carreira xudicial por perseguir o financiamento ilegal de partidos políticos. En definitiva, unha Europa envellecida e endebedada, unhas diferenzas sociais entre estados europeos (uns boiantes e enriquecidos e outros sometidos e empobrecidos), uns dirixente políticos sospeitosos e ineptos, que lle menten aos cidadáns que din representar cando en realidade só se representan a si mesmos e son a voz do seu amo o capitalismo puro e duro.
Ese é o panorama que vemos nós, os de abaixo, os que cada día estamos máis e máis pobres, máis e máis parados e sen posibilidades de lograr un emprego digno, os que cada día acudimos aos comedores sociais a mendigar un prato de sopa quente... etc... etc... etc...

Ningún comentario: