luns, 1 de outubro de 2012

MÁIS RECORTES E REFORMAS FISCAIS

De momento, máis recortes e nada que afronte o problema estrutural que nos arrastra a que os intereses da débeda, menor aínda que a alemá respecto do PIB, nos custen máis que os gastos de persoal da administración. A confirmación do repetido, unha e outra vez, sobre o tipo de recortes e reformas deste goberno, que non só o confirma nos novos presupostos senón que nos renvía para nova reiteración no futuro: máis recortes e mais depresión. Ningunha política, nunha non-comunidade europea, onde as condicións dese sobrecosto financeiro que impoñen a banca alemá e cuxa presión sostén co BCE como representante do lobby bancario, se organicen conforme ao sentido que lle corresponde a un estado e non á cova de Alí Babá. Alguén debería dicir en Europa, ante estas traizóns aos estados, que ou se cambian as condicións ou se rematou o Euro.
A suba de impostos non é unha reforma fiscal e non atende a onde hai, senón onde pode extraer algunhas miserias, que a estas alturas tampouco están mal, pero só como xustificación. Seguimos con desgravacións escandalosas á banca e grandes corporacións que só pagan o 12% real de Imposto de Sociedades e seguimos sen atallar a fraude. O fiscal disimulado co nome de incremento impositivo. Toda unha política externa de recortes conforme ao fundamentalismo neoliberal que obvia, unha e outra vez dende a presión interna e externa, o carácter impositivo relaxado do noso país. Un enorme diferencial recadatorio respecto dos países do norte, en cuxa porcentaxe de ingresos sobre PIB estariamos fóra deste caos.
Pero a prensa ao servizo da corrente neoliberal, di outra cousa: "Abc", "O Goberno de Rajoy demostrou, novamente, que ten meridianamente clara a estratexia que precisa España para saír do atranco da crise. Austeridade presupostaria para reducir o déficit, garantindo a protección social, e reformas estruturais para potenciar o crecemento constitúen a receita".
É dicir, máis do mesmo ofrecido ata agora cos resultados coñecidos e demostrados, nos que a esta alturas non creen nin os seus acólitos mais acérrimos e que só se sosteñen polas consignas de prensa, que como estas, na repetición manteñen o desconcerto. Todo axustado a un suposto menor decrecemento do previsto, -0,5%, para que coa mentira lle cadren as contas. Se estes non se van, teremos que marchar nós, o próximo ano, salvo milagre exterior, máis e peor.
Por suposto novas reformas "estruturais" -nin concepto de estrutura teñen dadas as que refiren, na que só a laboral é tal- baseadas na eficacia as numerosas realizadas ata agora, que acreditan a capacidade de que están dotados para atacar os momentos de dificultade. Entre elas o desenvolvemento da referida reforma laboral -na que se baseaba a prevista caída do desemprego e ía facilitar os axustes de platilla ás necesidades horarias e produtivas-, que nos puxo onde estamos. É dicir o desenvolvemento da pretensión do fundamentalismo neoliberal respecto da liberalización do mercado laboral para conseguir reducir os custos de produción a custa do mundo do traballo e a favor dos beneficios (Consenso de Washington). O desenvolvemento da precariedade laboral para o vindeiro, que non só axustará os novos salarios senón que seguirán reducindo os actuais ás novas condicións.
Para o resto non é necesario estenderse, queda certificado polo carácter acreditado por este partido e este goberno, non só dende que esta no poder senón dende que vén exercendo de oposición durante a crise. Non esta facendo nada que non se temese, (as promesas de non tocar sanidade, educación, etc obtivéronse a demandas directas que non había programa - e as pensións líbranse como único recurso defensivo e sobre a base dun decrecemento representado no +1%-), e si esta incidindo sobre o previsto con toda a intensidade de que é capaz unha dereita do máis extemporánea. DOREMA

2 comentarios:

UN INDIGNADO dixo...

Acabo de leer el artículo de la corresponsal alemana Stefanie Claudia Müller, y me parece que da plenamente en el clavo, al denunciar los problemas centrales de la falta de credibilidad en España. Aquí sigue dirigiéndolo todo una oligarquía político-financiera-económica que se protege y se alimenta a sí misma, pero que es tremendamente ineficiente para el conjunto del país y de sus ciudadanos. Para nuestra desgracia, dicha oligarquía está ahí desde hace muchísimas décadas (por supuesto, desde mucho antes de la llegada de la democracia) y ni siquiera los gobiernos socialistas han sido capaces de acabar con su posición dominante y retirarla sus privilegios. Estoy pensando ahora tan sólo en un detalle: la "costumbre" de fichar a muchos ex-ministros y políticos (conservadores la mayoría) para integrar los consejos de administración de las grandes empresas del país, que se convierten en retiros de lujo para muchos de estos individuos. Así se perpetúa la estirpe y se conservan sus sustanciosas ventajas.
Por fortuna, ya se van dando cuenta de esta idiosincrasia tan peculiar fuera de nuestras fronteras.

Anónimo dixo...

Los ciudadanos de este país estamos sufriendo un acoso y una merma continuada de capacidad adquisitiva, nivel de bienestar, derechos, expectativas de futuro, e incluso libertades, y aún me extraña que las manifestaciones de justa indignación no sean todavía más contundentes y masivas. Si el Gobierno creyera de verdad, sinceramente, que las medidas que está adoptando son las únicas posibles y las que nos van a conducir a la salida del túnel, debería molestarse en practicar la pedagogía con la sociedad y explicarnos con la máxima claridad a los ciudadanos el por qué de su política.
Aunque mucho me temo que ni ellos mismos saben hacia dónde vamos, sino que se limitan a aplicar todo el recetario que se les impone desde otras instancias más altas, aún sabiendo que dichos planes están fracasando estrepitosamente en su objetivo de salvar las economías de otros países (véanse los casos de Grecia y Portugal).
A los ciudadanos no nos queda otra salida que ejercer nuestro democrático y legítimo derecho a la protesta, pacífica pero rotunda, y exigir un cambio de 180º en la política económica, o bien elecciones anticipadas. Lo que está haciendo este Gobierno es un disparate monumental.