martes, 2 de outubro de 2012

HAI MOTIVOS

Por que?, pregúntanse os editorialistas de medio mundo levando ás primeiras páxinas dos seus xornais as fotografías das manifestacións, represión incluída.
Hai sesudas reflexións, algunha que outra intencionada crítica e moito ruído que non fai ben a ninguén e pon o Goberno a pan pedir.
E hai, hemerotecas. ¿Recordan cando o PP galego, cos seus alcaldes á fronte, rodeou -quixo tomar- o Hórreo? (foto) ¡Na tele aparecía Feijóo, capitaneando os insurrectos!
Recorden cando a dereita de Rajoy e Feijóo, antes de que o señor Mas anunciase un referendo, proclamou o seu boicot ao cava e aos produtos cataláns asumindo o papel de "separadores".
¿Recordan que o señor Pons, fai nove meses e dezaoito días, á vez que prometía a creación de tres millóns de postos de traballo, incitou os mozos a seguir o exemplo dos gregos, dos exipcios, e que se botarán á rúa?
¿Recordan cando as manifestacións do PP, coa igrexa ao seu lado, querían na rúa cambiar as leis do Parlamento elixido democraticamente?
Antes  eles si, agora os demais non.
¿Hai motivos para a indignación?
Por exemplo, a nova conxelación salarial aos funcionarios -médicos, mestres, policías e xuíces- mentres o propio Goberno aproba "primas" de centos de miles de euros ao que foi presidente do Tribunal de Contas, que leva "na pomada" máis de trinta anos cobrando magníficos salarios e mentres se desangran os equipos polos ERE, eles recollen a " ex " como Esperanza Aguirre ou Romay Beccaría.
Pola suba do IVE; pola amnistía aos defraudadores mentres aperta os que pagan os seus impostos; polo anunciado aumento do un por cento aos pensionistas mentres a cesta da compra sobe un sete; soben tamén o custo das medicinas, e anuncian un aumento no copagamento doutros servizos sanitarios, para acompañar unha suba de taxas que fan perder poder adquisitivo.
Secuestraron TVE converténdoa nun reduto para os seus fieis e un apéndice do PP. Sube a prima de risco (¿ten agora o nome de Mariano, señora vicepresidente?), baixa a bolsa, crece o desemprego e o Banco de España augura un futuro peor. Tras nove meses no poder queda a constatación do fracaso das súas políticas resumidas en máis paro e miseria. Sobran, pois, os motivos para a indignación e a reflexión.

2 comentarios:

UN GALEGO dixo...

Os galegos dende logo debemos estar agradecidos a todos os que están na rúa no resto das comunidades, porque imos ser quizais os primeiros beneficiarios desa presión. O primeiro efecto que toda esta presión popular terá, será sen dúbida - espero - quitarlle ao PP a maioría absoluta en Galicia no próximo 21 de outubro. Especificamente referíndome aos galegos, creo que debemos enterrar calquera machado de guerra dentro da esquerda ata que pasen as eleccións. É necesaria unha tregua total en Galicia, fronte a un inimigo común que baixo ningún concepto podemos permitir que volva gobernar. E especificamente referíndome aos anarcos galegos, eu pediríalles que por unha vez non favorezan a abstención. A caída de Feijoo e a derrota de Rajoy na súa propia terra, é clave para todos.

UN INDIGNADO dixo...

No solamente el estado del bienestar si no el de mal estar , todos los que aplaudieron el recorte de salarios, ahora se han dado cuenta , de que los perjudicados no son los asalariados , que tambien, lo son las tiendas a las que estos van a comprar etc.., y tienen que cerrar porque del mercado se les ha quitado 65.000 millones de Euros para darselos a los bancos para tapar un huequecito, los alemanes, holandeses y demas del norte , pero lo que no saben es que la mierda les va a llegar, mientras tanto, que hacemos con Marianito el corto, nos salimos de este club de alterne que es UE, y nos unimos a Libia,Egipto, junto con Grecia , Italia,Francia,Turquia,Tunez,Argelia y Marruecos , o seguimos bailandoles el agua a los cuentagarbanzos del norte.REFERENDUM YA; FUERA DEL EURO: