mércores, 7 de novembro de 2012

A CRISE DE FÁTIMA BAÑEZ

Segundo Fátima Báñez, ministra de traballo, España está a saír da crise. Sen dúbida, a señora Báñez refírese a outro tipo de crise (non sabemos cual) xa que a económica, e especialmente no que se refire ao seu ministerio, rexistra record histórico.
Un de cada cinco españois vive baixo o albor da pobreza.
Un de cada catro está en situación de desemprego.
Máis dun millón e medio de fogares ten a todos os seus membros no paro (1.739.000 en Setembro.)
As vendas no comercio minorista caeron un 13% como consecuencia da suba do IVE.
A amnistía fiscal non recada o esperado, e aos propios técnicos de facenda impídeselles investigar os que son os grandes defraudadores ata que non remate o prazo desta.
Talvez a señora Báñez se refira á crise moral que sofren as elites financeiras do país, que tras proclamar o liberalismo económico aos catro ventos, non dubidan en coller o diñeiro público dos españois para sanear as súas contas e dicir logo que a culpa foi de todos por igual coa xa relada mensaxe de vivimos por enriba das nosas posibilidades" eludindo dicir que foron eles, e non o conxunto da sociedade. Permítanme que lles mencione ao señor Undargarín, ao señor Rato, ao señor Blesa, ao señor Millet, e a moita xente que a bo seguro compartiu máis dun almorzo e comida coa señora Báñez.
O talvez me permitan mencionarlles á propia señora Báñez, cos seus máis de 1.800 euros cobrados só en axudas, o seu máis de medio millón de euros en accións e depósitos bancarios, os seus seis bens inmobles, (un deles en Madrid), o seu bono de 3.000 euros para pagar taxis (que lle pagamos todos a parte das axudas que cobra) e os seus 120 € destinados só a comida. E a todo isto, habería que sumarlle o seu salario como ministra e como deputada. Condicións salariais que nos virían moi ben ao resto da sociedade para saír da crise e que contrastan cos recortes e austeridade que esta señora e acólitos propoñen ao conxunto da cidadanía.
Todo isto nun país no que cada oito horas se suicida un español como consecuencia da crise.
Pero talvez a crise á que se refira a señora Báñez non sexa económica senón moral, aínda que pouco parece estar a facer o goberno para superala, nun país no que un "todopoderoso" presidente do goberno non dubida en gastarse cifras astronómicas en catering para o seu propio deleite persoal, mentres manda á policía a reprimir os que protestan contra as súas medidas, ata o punto de que amnistía internacional elevou xa varias queixas pola súa arbitraria e desmesurada actuación.
Non sabemos se España sairá da crise, o que si sabemos, é que non parece que o vaiamos conseguir grazas ás canles abertas por este goberno, que o son, para os de sempre, a mesma oligarquía económica e financeira que nos trouxo ata aquí. Carlos Paredes

Ningún comentario: