Máis alá da maioría absoluta de Feijóo e os ecos do ruxido de Beiras, a terceira noticia da noite electoral galega tería que ter sido o sopapo da sociedade á clase política. Escrutado o voto emigrante, que non variou a composición do Parlamento autonómico, o índice de participación caeu ata o 54,9%, case dez puntos menos que en 2009. Os medios, non obstante, apresurámonos a difundir o 29-O que apenas baixara un punto, cando o seu sería establecer unha comparación cos resultados emitidos só en territorio galego catro anos antes e non co total, que incluía a diáspora.
Este ano había que inscribirse para votar no estranxeiro e, das case 400.000 persoas con dereito a iso, apenas se rexistraron 30.000; finalmente, nin 13.000 chegaron a introducir a súa opción nunha urna. As cifras foron redondeadas para non se perder con tanto número, pero a que conta ten dous decimais: a abstención foi do 96,74%.
Queda para outro día o debate sobre o dereito que pode exercer un mozo residente en Bariloche cuxo avó partiu hai seis décadas dunha terra afastada que xamais pisou e que nada ten que ver coa que o vello deixou atrás o século pasado. É xusto? Ten sentido? Debería ter ese descendente transatlántico a capacidade de variar o rumbo político dunha rexión plantada a miles de quilómetros, a unha árbore xenealóxica de distancia?
Polo menos, suponse, esta vez non votaron os mortos e, aínda que sexa só en proporción, o pucherazo foi menor ou talvez non existise. Todo, aderezado cos seus presuntos, supostos e condicionais. Unha situación que populares e socialistas queren reverter: hai que volver facilitarlles o voto, non vaia ser que os electores se hernien no seu empeño de participar no after hours da democracia. (Xa postos, permitánnos aos que nos vemos obrigados a votar por correo depositar a papeleta no Froiz mentres lle pedimos ao carniceiro cuarto quilo de chopped, pero moi fino).

Volvendo á terra, ademais dos que pasaron de achegarse a un colexio electoral, en Galicia os votos en branco aumentaron do 1,66% ao 2,69%; os votos nulos, do 0,89% ao 2,55%; e un partido acabado de nacer cuxo nome o di todo, Escanos en branco, logrou o 1,19%. En resumo, gañou o partido da abstención e a coalición do non quedou en cuarta posición, tras os partidos tradicionais (PP, PSdeG e BNG) e a fronte indócil formada polo verso solto do nacionalismo galego, o tótem galleguista Xosé Manuel Beiras, e pola líder da franquía galaica de IU, Yolanda Díaz.
Media Galicia non vota. Os políticos, tanto no goberno coma na oposición, deberían empezar a tomar nota.

Ningún comentario:
Publicar un comentario