luns, 19 de novembro de 2012

BOMBA NO CORAZÓN DO EURO

Francia pódese converter no maior perigo para a moeda única europea
A ameaza dun colapso do euro diminuíu, polo momento, pero endereitar a moeda única implicará anos de dor. A presión para a reforma e os recortes de presuposto é máis virulenta en Grecia, Portugal, España e Italia (...) Máis alá enxérgase un problema maior que podería empequenecer calquera destes: Francia.
O país estivo sempre no corazón do euro, e da Unión Europea. (...) Francia gañou co euro: toma prestado a tipos baixos como nunca e evitou os problemas do Mediterráneo. Non obstante, mesmo antes de maio, cando François Hollande se converteu en presidente do país (...) Francia cedera o liderado a Alemaña na crise do euro. E agora a súa economía vese cada vez máis vulnerable
Con audacia e galadas abondo o señor Hollande podería agora reformar Francia. (...) Non obstante, fronte á gravidade dos problemas económicos de Francia, o señor Hollande segue parecendo pouco entusiasta. (...)
Os Gobernos europeos que emprenderon grandes reformas fixérono porque había unha profunda sensación de crise, porque os votantes crían que non había alternativa e porque os líderes políticos tiñan a convicción de que o cambio era inevitable. Nada disto describe o señor Hollande ou Francia. (...)
Está en xogo non só o futuro de Francia, senón o do euro. (...)
A crise podería chegar a principios do ano que vén. (...) Hollande non ten moito tempo para desactivar a bomba de reloxaría no corazón de Europa.

Ningún comentario: