domingo, 18 de novembro de 2012

OS SINDICATOS

O sindicalismo, como representación dos traballadores e forza defensora dos seus intereses (agora máis atacados e vulnerados que nunca) é un elemento imprescindible na vida económica e laboral de calquera país avanzado.
Quen non comprenda nin acepte o papel fundamental que os sindicatos teñen que exercer nunha sociedade moderna demostra carecer dos principios democráticos máis elementais. Ese odio visceral que moitos mostran para cos sindicatos ten moito de irracional e de inxusto, por non dicir de fanático.
Outra cousa moi distinta é que as forzas sindicais do noso país deban facer un esforzo por actualizar o seu discurso, as súas pautas de conduta e o tipo de respostas que deban ofrecer á sociedade ante os desafíos que se formulan no presente. Paréceme imprescindible que as principais centrais sindicais españolas multipliquen os seus contactos con outros movementos sindicais do resto do mundo, prinicipalmente de Europa, cos que debe establecerse unha corrente continua de comunicación e colaboración. Non digo que non exista xa, pero debería intensificarse todo o posible.
Non son só os sindicatos os que teñen que renovarse e adecuarse mellor ás circunstancias do mundo actual. Está bastante claro que os partidos políticos españois tampouco están a dar unha resposta axeitada aos problemas que se nos presentan, singularmente a grave crise económica que padecemos. ¿E que dicir doutros actores do sistema, como os bancos e as empresas, coa súa enorme cota de responsabilidade no fracaso colectivo que experimentou o noso país? 
Os empresarios españois sempre sempre procuraron a defensa dos seus intereses, organizándose e creando as súas asociacións. ¿Que fan os traballadores para defender os seus dereitos e os seus intereses cando estes son atropelados polos empresarios correspondentes?. Isto deben de contestalo os propios traballadores. Hai unha enorme preocupación de que a clase traballadora non atenda á necesidade de ter uns sindicatos fortes e representativos para que os defendan ante os abusos desta desvergonzada corrente neoliberar que todo o esmaga e destrúe, con tal de conseguir os seus fins, impoñer o triunfo do capital sobre o ser humano. Facer do mundo un estercolero onde vivan a gran maioría, e uns paraisos onde vivan uns poucos privilexiados donos do capital.  

Ningún comentario: