domingo, 25 de novembro de 2012

FALEMOS DE RAJOY

Creo que é moi importante coñecer as persoas que nos dirixen para entender o que está a pasar.
O Sr Rajoy de profesión rexistrador da propiedade, é un funcionario de pensamento burocrático, el está para xestionar non para dirixir, como bo burócrata o está para cumprir co programa conservador europeo deseñado polos poderes económicos e relixiosos que queren unha sociedade civil máis débil e servil, imos como na Idade Media, se hai mortos feridos polo camiño, non pasa nada, el está a facer o que lle mandan.
Os seus ministros como non podía ser doutra forma, tamén son funcionarios na súa maioría:
Avogados do Estado: 2, Técnicos Comercial do Estado: 2, Inspector Técnico Fiscal do Estado: 1, Fiscal:1, Catedrático de Universidade Publica: 1, Inspector de Traballo: 1, Medico Cuerpo Salud Pública 1.Todos ten o seu posto fixo e ben remunerado e a súa xubilación asegurada para cando volvan á administración, como o caso da Sra Aguirre. Fagan o que fagan non van ter problemas, están blindados.
Dos catro que quedan tres están para queimalos nos postos de máxima tensión, Educación, Sanidade e Emprego dous do partido e un medio xornalista, o seu único obxectivo facer meritos ante o xefe e xa vimos o que fixeron e o que dixeron.
Queda o do complexo industrial Militar, que sempre toca.
Nunha palabra, é un goberno de Tecnócratas que se puxeron a pel de Políticos para obter unha vitoria política, pero que está Administrando como bos funcionarios os intereses dos poderes económicos e relixiosos dominantes en Europa. Para min, isto é unha ruptura coa tradición democrática e unha volta aos principios máis autoritario.

Ningún comentario: