mércores, 26 de decembro de 2012

INDIGNACIÓN SOCIAL

Cada vez é maior a indignación social en relación cos recortes sociais que se están a producir nos últimos meses en sectores básicos, como a sanidade, a educación, a xustiza, a vivenda, as pensións, sen que se nos esquece a sangría do paro, dos despedimentos colectivos, dos desafiuzamentos, das preferentes e subordinadas... Se augura un 2013 cargado de protestas e mobilizacións sociais pola defensa dos dereitos fundamentais e a dignidade das persoas.
Xa está ben de que se trate de culpabilizar a estes de sempre, aos inocentes que nada teñen que ver coa crise e esquézansenos os verdadeiros responsables: especuladores, corruptos, responsables financeiros e políticos de calquera signo que continúan co discurso que máis lles interesa, tratando de responsabilizar de todo iso as familias máis humildes, que apenas poden chegar a mediados de mes con pouco máis de 400 euros mensuais e grazas aos donativos ou axudas de veciños, particulares ou asociacións benéficas.
A indignación social está máis que xustificada cando vemos que a custa da maioría dos cidadáns viven uns poucos privilexiados que son os primeiros en aplaudir as políticas de recortes sociais e a perda de dereitos adquiridos, por parte da clase media, para que eles poidan vivir á marxe da realidade, en urbanizacións de luxo, en mansións, en "apartamentos" de máis de douscentos metros cadrados e con ingresos que superan os seis mil euros mensuais.

Ningún comentario: