martes, 18 de decembro de 2012

GOBERNO DE INEPTOS

É máis que necesaria a reindustrialización deste país. Pero non con este goberno.
O goberno de Rajoy impide o desenvolvemento das empresas; onde dixo que ía recortar as duplicidades, non fixo nada. Onde dixo que non se recadaría o IVE ata que non se cobrase a factura, mentira podre.
Primeiro hai que sacar unha lei que impida o non pagamento e o castigue. Onde dixo que se facilitarían as xestións aos emprendedores, nada de nada, segue sendo un calvario poñer en marcha unha empresa neste país. Onde se dixo que a I+D+i era unha liña vermella que habería que acrecentar, pois aí temos o recorte brutal do 25,6%. A reindustrialización debe darse en todos os campos, non só a industria metalúrxica ou química ou de bens de equipo; está a industria agrícola que está como hai anos, sen tocar. Estannos a pisar o poncho os países latinoamericanos na nosa propia Europa, xa non digo no mercado americano. (Un quilo de mazás chilenas, posto aquí, é máis barato que un quilo de mazás de Lleida) Os países do Magreb (Marrocos) non nos deixan exportar toda a produción porque quedamos fóra de competencia.
É necesaria a cooperativización dos exportadores, tanto na industria de bens de equipo coma na agroalimentaria. Hai que reducir o intermediario excesivo. Pero claro, se non investigamos porque se reduce o presuposto brutalmente, como o imos conseguir. Só dun xeito, cargándonos este goberno de ineptos. Hai que seguir acosándoos. Pasou en Italia e cargáronse a Berlusconi, aínda que agora diga que volve. Non creo que lle vote ninguén.
Soria é un ministro que está posto en Industria como podería ter sido ministro de Información e Turismo, ou sexa, como Fraga nos seus tempos de "far niente".
España chegará a ter 18 millóns de pobres en pouco tempo e a recuperación será duns 20/25 anos para asemellarnos aos tempos de antes da crise. España non vai ben, querido José Mari.

Ningún comentario: