domingo, 2 de decembro de 2012

SEN PERDÓN

Non chego a concibir nin a entender, como se pode mesturar manicomio, con fraude, ladróns, especuladores e, traidores, por parte dos politicos e banqueiros.
¿Como se pode perdoar a todos aqueles que deixaron a miles de familias na rúa e sen traballo? Cando tiveron o poder nas súas mans, e a teñen, e o único que se dedicaron a dicirnos, é que llo mandaba Europa, aínda sabendo o que iva a suceder, e o que queda por vir, e ver.
Suicidios, nenos sen futuro, familias rotas de por vida, millóns de nenos ansiando o que só unha mínima minoria de nenos pódenllelo permitir, os seus pais, cando estes nenos que agora son os pauperrimos, fai un ano o tiñan.
Pódese perdoar todo isto.?
Eu creo que non! Como tampouco se pode aceptar o perdon, de persoas que se lles puxo por sufraxio no poder para defender o benestar social, non, para destruílo, e dicir que é por orde de Europa.
O único que fixeron é tirar a pedra e esconder a man, "como o capitan araña" a ordenes dos bancos e do poder empresarial, imos, dunha minoria.
Todos ao cárcere, sobre todo se son de esquerdas os que cometen un delito, que os de dereitas cometen os delitos coa mellor intención do mundo: encherse os petos co diñeiro que é de todos, que ao estar repartido doe menos.
Mal comezamos o ano e peor que vai rematar. Ao final se vai ser certo que non temos solución, os Españois, pero non hai que alarmarse que xa está no Goberno ese super home que para todo ten solución aínda que aparente ¿? que nunca fai nada, isto prodúcese cando un "fai as cousas como deus manda".
Total, que estamos en boas mans, nas de Mariano xa que ten a solución para todo, deixar que o tempo pase pues"no hai mal que cen anos dure", o malo é que a maioría non viven para contalo. Ciencia exacta, esta, onde as haxa. DOREMA

Ningún comentario: