luns, 3 de decembro de 2012

ÚLTIMA MENTIRA DE RAJOY: AS PENSIÓNS

Son mentireiros, mendaces, embusteiros, enganosos, falaces, farsantes, troleros, contistas, fuleros e tramposos. Infrinxen as leis, contraveñen a razón, violan a lóxica, faltan ao bo xuízo e insultan á intelixencia. Lexislan contra nós no noso propio nome, empobrecen os pobres para enriquecerse eles e enriquecer os seus amigos, condénannos ao paro para crear emprego, degradan o noso nivel de vida para pagar salarios millonarios a financeiros corruptos. E, ademais, non nos fan caso, ignoran as nosas queixas, rinse das nosas manifestacións e fan burla das nosas folgas. É hora xa de dicir basta; tempo de trasladar a todos e cada un dos deputados que nos representan - na súa propia circunscrición electoral, na súa cidade, na súa rúa, co maior respecto pero firmemente - a opinión que nos merece a actuación do goberno; de recordarlles que o seu compromiso é connosco e non co seu partido; de esixirlles que respecten a vontade popular e que impidan, dende a legalidade, a agresión permanente aos dereitos lexítimos de todos os cidadáns.

Ningún comentario: