luns, 28 de xaneiro de 2013

DESEMPREGO

A situación é grave. Non é xa que as cifras da economía española sexan dignas dunha película de terror. Trátase, ademais, do afundimento psicolóxico e moral que o que está a pasar produce nos cidadáns. Salvo os funcionarios, o resto de traballadores españois viven coa espada de Damocles pendendo sobre a súa cabeza. O seu traballo pódese perder dun día para outro. Ese medo, esa intimidación, que xa duran demasiado tempo, fai que a sociedade española se sinta atenazada.
Se alguén é capaz de apreciar os aspectos psicolóxicos que poden redundar na actividade económica e material dun país, e xa o fixo Max Weber no seu estudo da ética protestante e o espírito do capitalismo á hora do seu nacemento, decatarase de que o ánimo social non vai ser moi importante para a recuperación.
Os que non teñen emprego porque non traballan; os que o teñen porque a maior parte das veces están anoxados polo que fan ou por como o teñen que facer, encontrámonos cunha realidade laboral baixo o imperio do desasosego. Cando o Goberno anuncia máis reformas, dá medo imaxinalas. dá a impresión de que a única reforma que entende é a de atribular máis os traballadores, esquecendo aos que non traballan, porque non se pode entender o siloxismo de que para a creación de emprego hai antes que destruílo ou deterioralo.
Alguén de verdade cre isto? Alguén de verdade cría que cun presidente de Goberno que no seu día aplaudiu no parlamento la participación do Exército español en Iraq iamos saír desta crise? Quen aplaude o que se sabe que vai ser destrución; quen se mantén tan distante e afastado da que esta creando agora mesmo en España, non pode axudarnos.
Quen non o vexa está cego.

Ningún comentario: