xoves, 10 de xaneiro de 2013

ESPAÑA NON FUNCIONA

Sábese dabondo o motivo último polo que España non funciona. Ninguén mellor que a escritora Almudena Grandes resúmeo ao dicir: A xustiza dáme noxo. Ninguén mellor que ese 26 aniversario de: En España a xustiza é un cachondeo. Nada como ese significativo 78% de xente que non cre na xustiza. Aí esta ese párrafo do discurso real navideño: O desapego da xente ás institucións. Imos ver, cando fai uns meses o socialista Luís Solana, irmán de Javier, dixo que para que España funcione habia que poñer a un garda civil á fronte das institucións. O que estaba dicindo é que as institucións están podrecidas.
Que a marca España é o cante por peteneras ou como irse de rositas nun Estado errado. Para mostra un botón. Os inspectores do Banco de España din -90% deles- que os Gobernadores pasábanse os informes polos ovos. Caruana polo visto pasáballos a dúas mans cando habia moito trajin. O mesmo Pizarro (Candidato do PP) dixo que un Subgobernador do mesmo Banco lle habia devandito que eles sabian o que estaba pasando pero non querían intervir para non irterferir nas eleccións. E aínda non está entre rexas.
O mesmo MAFO/Fdez. Ordoñez á hora de controlar poñia cara de noxo e a outra cosa bolboreta. O mesmo maxistrado da Audiencia Nacional dixo que pensa chegar ata o final no caso Bankia, de entrada para ir abrindo boca Martin Villa/Alierta ficha a Rodrigo Rato. Todo podrecido, oia. E a xente segue votando. E segue votando malia os informes de antropólogos e sociólogos de prestixio que din que o sinalado por xuez Pedraz, a "pedrada" de Pedraz non é decadencia da casta/clase politica, é un pudridez. Por iso urxe poñer a un garda civil no Banco de España,Tribunal de Contas e Constitucional, CGPJ, o Senado, etc. etc.
Sexamos realistas, temos o que nos merecemos. Para mostra outro botón, en calquera país do mundo cando a xente non come adóitase cabrear, aquí non. Aquí está Cáritas para sacar adiante a eses 12 millóns de desgraciados. Menos mal que segundo a Fundación Guru-Gú o 85% dos 150.000 liberados sindicais pasan á Unidade Militar de Urxencia. O persoal ao completo de interventores e auditores e avogados do Estado estaban citados nos Monegros para que informen sobre o que saiban da España corrupta. Os 1.700 imputados terán que pasar polo Campo de Tiro de San Gregorio (Zaragoza) para un ensaio en coro sobre o cante por peteneras. Como os empresarios do caso Terra Mítica, que ata as ranas do nacemento do Corvo saben que se van de rositas. E empate técnico entre politica e xustiza mantense. Aí esta o cancro. De nada serve ser unha potencia en "farolas" nun terra de coellos. E nese plan.

Ningún comentario: