xoves, 31 de xaneiro de 2013

FINANCIAMENTO ILEGAL

Son xa demasiadas as sospeitas de financiamento ilegal que afectan a algúns partidos, moi especialmente a PP, PSOE e CIU, principais representantes, hoxe da dereita sociolóxica deste país. O caso do PP é paradigmático do que é a creación dunha tupida rede clientelar e a súa gran capacidade de influencia nos sectores empresariais e institucionais, e a importante compresión para a súa xestión política dunha parte determinada parte da sociedade española, que, aínda sufrindo as consecuencias das medidas que impoñen, seguen apoiándoo electoralmente.
Non obstante, antóllaseme que o obxectivo final dos seus propósitos, se encontra a reforma do financiamento dos partidos, que sabedores do potencial que ten a súa posición de dominio, estarían a pensar en reformar a actual lei de maneira que as doazóns e subvencións particulares e de empresas privadas fosen consideradas legais, ao igual que acontece en EUA. Con iso matarían dous paxaros dun tiro: Por unha parte evitarían os enredos dos subornos, comisións e contabilidades B, que eles presentarían, aos seus fieis como o seu principal achega á loita contra a corrupción, segundo o seu punto de vista, e darían un golpe de morte á democracia, substituíndo o que hoxe consideramos democracia polo obxectivo supremo do neoliberalismo: unha democracia neoliberal. É dicir, un réxime político que non é unha democracia real. Os beneficios persoais seguirían sendo os mesmos.
Alguén a definía así: *Debates triviais sobre asuntos secundarios a cargo de partidos que fundamentalmente perseguen as mesmas políticas favorables ao capital, malia as diferenzas formais e as polémicas electorais. A democracia é permisible o control do capital quede excluído das deliberacións populares e dos cambios, é dicir, mentres non sexa unha democracia

Ningún comentario: