mércores, 30 de xaneiro de 2013

TODO É MENTIRA

Todo avance social e todo o estado de benestar necesita estar fundamentado nunha sociedade produtiva e aínda que os síntomas nos fagan pensar que o edificio do estado se nos está a derrubar polo tellado (sanidade, educación, axudas sociais...) a realidade é que se nos vai derrubar na súa totalidade xa que o fallo estrepitoso está nos alicerces: na produción de bens básicos para a supervivencia.
Vemos terreos fértiles, produtivos dende xeracións como están baleiros dende que mans inútiles e especulativas os cambiaron por un puñado de billetes en espera de multiplicar o seu valor artificiálmente e aínda que eses sonos da leiteira se caeron como o cántaro, eses terreos xa foron tocados polo mal da avaricia e quedaron abandonados e aramados ¿para os restos?, mentres aos traballadores que facían produtivos eses terreos tratan de evitar morrer de fame rebuscando nos recolledores de lixo. Outro tanto e polos mesmos motivos acontece coas empresas dedicadas a transformar os produtos primarios que alí se producían e os traballadores que antes dedicaban os seus esforzos ao seu trasformación van pasando paulatinamente a engrosar as filas dos mendigos buscadores de lixo. Vemos centos de miles de vivendas pechadas, tapiadas e afundíndose sen estrearse esperando en van a especulación que volva facelas útiles mentres as persoas se morren de frío e fame nas rúas ou debaixo dunha ponte.
Cada vez producimos menos por falta de diñeiro!, ¡¡¡mentira!!!, o diñeiro depende da produción e non ao revés, engánannos facéndonos crer que a solución a estes problemas ha de vir dos especuladores cando o que realmente veu deles (e segue vindo) é O PROBLEMA).
Podemos seguir vendo como do cume da montaña nos caen algunhas pedras rodando e queixarnos diso, pero non vemos que a montaña enteira ameaza con enterrarnos, os alicerces da produción están a ser removidos e todo se nos afundirá enriba se non lle poñemos solución.
Fagánse leis priorizando a produción sobre a propiedade, expropiense terreos e terreos que están pacientemente esperando que a especulación volva poñelas no valor falso que non teñen xa que o seu único valor é producir alimentos, valor que se lle prohibe. Expropiense así mesmo maquinarias, edificios e bens que sirvan para transformar os alimentos e materias primas, se faga unha Lei dando prioridade ás cooperativas de traballadores e se prohiba toda propiedade que impida a produción básica.
Pódenselle poñer apelidos a iso pero se non se toman esas medidas conscientemente hai dúas clases de futuros: ou iso ou o CAOS, a pobreza, violencia, e roubo poden ser o futuro alternativo, en canto o pouco valor falso que nos queda (o diñeiro) se remate.
A mesma cabeza visible do caos que nos espera (Merkel) llo dixo a Rajoy, non coa claridade que eu o digo xa que iso sería coma se o ladrón dixese que o seu remedio é que o metan no cárcere pero con palabras que só teñen esa interpretación: "Salvarvos como poidades, eu xa collín 'o meo' ". DOREMA

Ningún comentario: