Esperanza Aguirre advirte que o presidente Rajoy "empeñou, nada menos, que a súa palabra" para facer fronte á corrupción. E a pregunta inevitable é, Que valor outorga Esperanza á palabra de Rajoy? Quizais algún día o saberemos, de momento pódese sospeitar.O propio Rajoy, sempre relativista e escéptico, ten dúbidas sobre a súa propia palabra. Ante un xornalista británico dicía "non cumprín o meu programa, peor si cumprín co deber". O primeiro é un feito verificable, o segundo é opinable. Rajoy reiterou en varias ocasións que a súa política non é a que el prefire, que fai o que lle impón a realidade, sen entrar en detalles sobre onde vive e como se comunica con esa realidade.
Virar as costas aos programas pode non ser traizón, nin sequera un incumprimento doloso ou culposo, pode ser a consecuencia dun cambio radical de circunstancias ou de ámbito, ou de erros de apreciación; en calquera caso require explicacións, que é o que o presidente non fixo. Endosar as responsabilidades ao goberno anterior forma parte da comodidade e do ritual, pero iso fíxose dende o minuto primeiro de ser oposición, dende o 2004. Esta crise sorprendeu moitos o ano 2008, pero dende o 2010 (e bastante antes) ninguén pode dicir que non se decatou; o ano 2009 foi o peor da historia e as súas pegadas son evidentes.
O deber do presidente Rajoy é explicar o que fai e por que, incluídas as rectificacións ás súas ofertas electorais. E ese traballo segue pendente e non parece que vaia abordalo. Cando o presidente Rajoy comenta, sen necesidade, ao seu interlocutor británico (que en varias ocasións lle puxo a parir) que lle resulta "reconfortante que lle fagan preguntas tan importantes", ten que imaxinar que para os xornalistas españois que lle fan poucas preguntas porque non se deixa, o comentarios se converte nunha provocación. Quen se creu este señor que é?
O prestixio da política e dos políticos, empezando polos seus líderes, está polos chans, peor que nunca, pero non parece que sexan conscientes do problema. De momento a palabra de Rajoy cotiza pouco polos seus propios deméritos, a pesar do torrente de votos e de esperanza que lle colocaron en La Moncloa, con máis poder que ninguén antes, hai só quince meses.

Ningún comentario:
Publicar un comentario