xoves, 21 de febreiro de 2013

ESCÁNDALO

O escándalo da corrupción é como o raio que non cesa. A primeiros de ano, había 400 imputados e só oito no cárcere. Nese momento a Audiencia Nacional acumulaba 16 macro procesos por delitos relacionados con delincuencia organizada, corrupción e estafas. Dos encarcerados, sete eran da operación "Cruceiro" e un do caso "Emperador", os dous máis recentes naquelas datas. O resto dos investigados estaban á espera de de resolución xudicial.
Aínda non viran a luz os asuntos Sepúlveda, Pujol e un etc. máis que escandaloso. Velaquí algúns casos: caso "Marsans", con Gerardo Díaz Ferrán e Iván Losada como imputados; Banco de Valencia: oito imputados; caso "Forum Filatélico-Afinsa": 20 imputados; contas bancarias en Liechtenstein: 40 imputados por delito fiscal; Nova Caixa Galicia: cinco exdirectivos no ollo do furacán; caso CAM: cinco imputados, todos exdirectivos da entidade; Bankia: 33 imputados. Caso "Emperador": 100 imputados; Nova Rumasa: 20 imputados; SGAE: 14 imputados por desvío de fondos; caso "Gürtel": 100 imputados sumou a investigación; caso "Pretoria": algúns xa estiveron no cárcere; Caixa Castela-A Mancha: dous imputados, Hernández Moltó e Ildefonso Ortega; operación "Troika": 30 imputados nesta operación contra a mafia rusa; Eurobank: 16 imputados; caso "Cruceiro": nove imputados; caso "Campión": con asuntos relativos a fármacos e concesión de licenzas.
Suma e segue, porque, por aí, andan Urdangarín e o seu exsocio; por aí seguen Sepúlveda e a súa exesposa, a ministra, intentando sacudirse o po do seu exmarido; por aí están exdirectivos de caixas que multiplicaron as súas pensións deixando as entidades ao bordo da quebra. Aí están os millares de estafados coas preferentes. Aí están aeroportos nos que non se voa, polideportivos que significaron unha estafa, etc. Toda a prensa dos países civilizados ten posto a España aos pés dos cabalos, choteándose, coñeándose e burlándose de Rajoy e o seu mariachi de febles ministros. Unha "puritita" vergoña. E, como estigma maior, un tal Bárcenas

Ningún comentario: