xoves, 11 de abril de 2013

A TROIKA

Nin en Europa nin en ningunha outra parte, a viabilidade dun proxecto político pode quedar á marxe da responsabilidade dos gobernantes e o control das contas públicas.
A que fixeron sacrificios para aforrar e recuperar a senda do crecemento, como os alemáns no seu día, dificilmente é posible reprocharlles que pidan aos demais comportamentos parecidos cando é precisamente a eses aforros e a ese crecemento conseguido con esforzo aos que se demanda axuda tras dispendios sen medida.
Fai falta "máis Europa" porque a existencia da moeda única converte en perentoria a harmonización dos ciclos económicos e das políticas de gasto dos socios europeos.
A troika é, en verdade, un insuficiente sucedáneo do goberno harmónico da Unión. Pero non se lle pode criticar que faga aquilo que vai en interese do conxunto do continente e non de porcións concretas que non se aviñeran aos fundamentos da racionalidade económica e si, en cambio, a un dispendio sen sentido.
Aínda está por realizar unha reforma de estruturas que acabe cos vicios irracionais dos países do sur: o exceso de burocracia, a extensión sen freo do gasto corrente, a consolidación de subvencións sen apoio nos rendementos da economía real... o certo é que a crise ten no sur de Europa un carácter máis político que económico e é, en esencia, unha crise da socialdemocracia tradicional.

Ningún comentario: