martes, 16 de abril de 2013

MÁIS SOMBRAS QUE LUCES

No ano 93 o "delfín" pregúntalle a Fraga se as famosas fotografías son pecado mortal, venial ou unha simple torpeza. Fraga absólveo e a vida segue. Hoxe o uso desas fotos, que inquietaban ao señor Feijóo, é unha infamia.
¿Que nome merece o uso, anos máis tarde, en plena campaña electoral, da foto do señor Quintana cun coñecido empresario, a bordo dun iate, pero sen (ollo ao dato) ter a ninguén enzoufado o torso de crema ? Segundo a doutrina de don Alberto o desmemoriado: unha infamia. Pois usárona o señor Feijóo e os seus colaboradores. Infames, non?
Hai outro asunto que merece atención: o coñecido e ti máis... " o hoxe presidente da Xunta e onte alto cargo do Sergas, reprocha á oposición que lle afea as súas amizades, coa denuncia de que eles son amigos de Bildu. Vale, pero ¿É legal Bildu? Si. ¿Está legalizado o contrabando de tabaco, o narcotráfico ? Non. O pillan?
E hai outro asunto que tamén merece un parágrafo: ao señor Feijóo non lle gusta a música nin a Sorbona e, nun arranque de populismo, lanza sobre os que acudiron a estudar naquel templo de saber o anatema de "cursi", "pijos", "eruditos ¿? ¡Outra vez a boina e o birrete tan do gusto do PP! Por certo: é máis barato estudar na Sorbona que nas universidades galegas afectadas, grazas ao PP-Xunta dun adelgazamento agónico. Temos outro asunto: o ocio e o negocio. O ocio como animal de compañía. Ou, dito doutra forma, a coartada para viaxar con amizades perigosas: ría de Vigo, chalé en Baiona; Balerares, Tenerife, Cascais e lugares con neve (afórrolles o chiste doado, tratándose do señor Dorado como compañeiro de viaxe) que, ao longo dos anos emparellou ambos os dous personaxes.
E do ocio, ao negocio: A Xunta do señor Feijóo "baixou á tenda" a comprar nas empresas do señor Dorado cousas por valor de medio millón e euros e a Xunta, entre 2005 e 2009, "cumprindo coa lei que regula as axudas en casos de catástrofes, como unha inundación, entregou a correspondente subvención.
O voceiro do PP, sobriño de Fraga, sorprendeu o persoal dicindo que "os narcos, os traficantes, buscaban a amizade dos políticos" e as hemerotecas lle dan a razón...
Así que as preguntas e respostas de Feijóo deixan máis sombras que antes.

Ningún comentario: