domingo, 5 de maio de 2013

ESTABA PREVISTO

Non me diga que non o sabía.
El xa nos dixo que era previsible... Y el está a facer o de sempre. O previsto. Xa en Pontevedra compaxinaba o seu "choio" en Padrón ou na provincia leonesa, cos seus cargos no Concello e a Deputación.
En Madrid, engadía ao soldo de parlamentario o famoso choio os sobres, segundo versión publicada pola prensa, e co cargo de ministro e man dereita de Aznar, conxelou por dúas veces! os soldos dos funcionarios e confirmou aquela disposición que permitía aos de Rouco (inmatriculación, chamouse) rexistrar a nome da igrexa católica, casas, terreos, montes, vidas e facendas.
Son previsible díxonos a chegar ao Goberno e, polo tanto, os seus ministros tiñan que ser, previsiblemente, feitos a imaxe e semellanza: De Guindos, tristemente coñecido por figurar na nómina da firma que arruinou a medio mundo.
Montoro que, cando non cobraba do Goberno, traballaba nun "hólding" dedicado a asesorar as empresas contra Facenda.
O ministro dos Exércitos dedicábase á venda de bombas e Fátima xa anunciou ao chegar que estaba alí "para que non se afundisen as empresas". Sumemos a ministra da cousa médica, que non sabe cantos coches caben no seu garaxe nin canto confeti entra en cen euros. E á zamorana-pontevedresa que pedía a gritos unha AVE para antes de 2015 e nos vende un paxaro para 2018... ou máis.
Non sigo para non lles aburrir, pero a ningún dos nosos capitostes lles preocupa que no meu barrio haxa xentes cunha pensión de merda, que deben elixir entre cear ou comprar medicinas. Que a rebaixa nas axudas aos dependentes levou á miseria moitas familias que teñen que deixar o "tallo" para atender ao enfermo.
¿Non estaba prevista a súa forma de dirixir o país se quería levar a Moncloa (non a levou aínda?) a política do presidente de Baleares e estaba diante, atrás, enriba, debaixo e de fronte co ex presidente de Valencia ou cando puxo a man ao lume por Bárcenas.
Era previsible pois, que saísen á rúa militares, policías, mestres e pais de alumnos; médicos e enfermos; xubilados e parados; a banca e grandes empresarios rebélanse contra Rajoy e as súas políticas. Quedan os que, por se non hai paraíso, queren converter isto nun inferno.

Ningún comentario: