martes, 28 de maio de 2013

REFORMA FISCAL

Tendo en conta o concepto de impostos que o Mundo manexa cando fala deles, primeiro témonos que sentar a pensar a que se refire cando os menciona. Baixar impostos, debe poñernos sobre aviso de que nos vai custar diñeiro aos traballadores tal decisión. Non hai unha vez que semellante frase non saia á palestra que non este significando, de fondo, baixar os impostos directos das rendas do capital e subilos dunha e outro xeito ás do traballo. Pero afeitos aos marcos de influencia, o mesmo que Rajoy recorta en gasto e investimento para crecer e crear emprego. O mundo baixa impostos, en xeral, non ás sobrecargadas rendas do traballo (o 96% do IRPF págano estas), e non os sobe ás desafogadas e evasiva rendas do capital (as empresas do IBEX-35, pagan unha media real de 5% de imposto de sociedades e a evasión fiscal -o 73% de grandes empresas e fortunas-rolda os 80.000 millóns de euros). O que explica porqué nomear unha baixada de impostos así, como tamén os nomea e o perseguido Aznar, porque é unha trampa para os débiles que se os pagan e si están sobrecargados destes. Unha reforma fiscal, efectivamente, fai falta que regularice os niveis impositivos dándoos o autentico carácter progresivo que non teñen, igualándonos ás porcentaxes de recadación da media europea, e que evite a escandalosa evasión fiscal con que nos adornan os nosos capitalistas. Pois recadando outros 8 puntos menos que a media europea, entre desgravacións e deficiente regulación fiscal, resulta que se se pode baixar os impostos que penalizan o consumo e as rendas do traballo e conseguir estabilizar o déficit.
Pero aí témolos, agora, no ultimo ataque a traballo; do mesmo modo que El Mundo fala confundindo coa mensaxe dos impostos, Rajoy preparou o que vén contra ás pensións sobre o falso principio dunha sostibilidade que se predeterminou antes de coñecer as súas necesidades, montando un suposto grupo de expertos cos que xustificar o que xa esta decidido. A realidade é o desexo reducir os salarios; por un lado os diferidos que corresponden ás pensións e por outro lado os indirectos en forma de servizos que se pagan cos impostos; sen esquecerse abrir o mercado das pensións privadas onde o sistema financeiro, que por outra parte se desgrava ata as "bragas da querida", encontre unha nova forma de expropiar o traballo da xente.

O primeiro engano que nos temos que sacudir, é o falso escenario no que vivimos; ese que nos conta que o traballo non é que o compran a prezo de saldo os capitalistas para realizar o plus-valor do que se apropian case en exclusiva, senón iso que nolo regalan eles mesmos, vestidos de emprendedores en lugar de expropiadores, por que están dotados desa natureza propia da árbore ao que arrimarse.

Ningún comentario: