"É
o reflexo dunha política incapaz de cumprir a normativa ambiental",
din na Sociedade Galega de Historia Natural
Un
parque baixo mínimos, cunha dirección pésima onde a destrución da
biodiversidade se impón á conservación,". Os ecoloxistas
daSociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
danlle un suspenso rotundo á Xunta na xestión do parque natural Das
fragas do Eume,
a xoia verde de Galicia e un dos bosques atlánticos mellor
conservados de Europa.
Pasaron 17 anos dende que o Goberno galego declarou a protección ambiental para as 9.126 hectáreas que integran un parque que se estira a ambos os dous lados do canón do río Eume ao longo de cinco municipios (Ás Pontes, A Capela, Monfero, Cabanas e Pontedeume) ata desembocar na ría de Ares. Un prazo que os ambientalistas consideran máis que suficiente para poder facer unha avaliación da súa "pésima" xestión dende 1997. "É francamente desalentador", resume a SGHN tras analizar distintos aspectos da xestión ambiental deste espazo protexido. "É o fiel reflexo dunha política incapaz de cumprir e de facer cumprir a normativa ambiental", opinan a entidade, que reclama un "cambio substancial" na dirección Das fragas, "máis técnica e que implique os veciños que viven nel para reivindicar a valía da terra fronte ao abandono que sofre" o rural galego. Hai dous anos, durante a seca primaveral, un incendio forestal tragou 570 hectáreas do parque e as súas inmediacións, 274 delas en zona de especial protección.

Ás Fragas arderon
durante 5 días (do 31 de marzo ao 4 de abril do ano 2012) ante o
pasmo da sociedade galega pola facilidade coa que un lume devoraba un
espazo único que se presupoñía mellor protexido. As chamas
orixináronse no alto dun monte da Capela por
un cigarro mal apagado como causa máis probable. Así o determinou
unha investigación xudicial que se arquivou sen dar co culpable.
Este luns, un pequeno incendio no mesmo municipio desatou o mesmo
fantasma. Durou pouco. A faldra do monte Forgoselo ardeu
dende as 5:00 da mañá ata as 15:40, hora á que a consellería de
Medio Rural o deu por extinguido tras calcinar unhas 25 hectáreas de
monte raso. EL PAIS
Ningún comentario:
Publicar un comentario