Amosando publicacións coa etiqueta ELECCIÓNS GALICIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ELECCIÓNS GALICIA. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de setembro de 2012

CLARO QUE HAI MÁIS FESTAS

Ten razón don Juan, que asina unha das miñas lecturas favoritas entre o telexornal e a sesta. E é que, efectivamente, hai en outubro moitas máis santas, virxes, mártires e demais posuidores dun sitio no santoral que a casa marcada o 21-0 por Santa Úrsula e hai numerosas festas ao longo e ancho do outono, outubro sobre todo, que percorren a xeografía galaica a golpe de gaiteiro e a ritmo de muñeira no medio dunha festa onde empanada, polbo, cachelos e outras viandas merecerán unha dixestión con licor café ou de herbas...
E é que podía ser peor... por exemplo o 21-0 coincidise con San Martiño, data que todo o mundo asimila co final do gocho. ¿Quen non oíu iso de que a cada porco chégalle o seu San Martín...?
Así que, no medio de todo o "rebumbio" elixir o vinte e un non foi de todo malo... quédannos aínda días de sol para que o complexo hospitalario santiagués aforre máis enerxía que os vinte e dous millóns previstos pola conselleira do ramo que pide axuda para loitar por "as persoas vinculadas ás mafias rusas que chegan a urxencias en jet para facer turismo sanitario...".
Pois xa ten axuda: os seus "compas" de partido conseguiron que cada vez vingan menos avións aos nosos aeroportos en busca dos nosos hospitais...
Mire dona Rocio non me xogue coa saúde que é cousa mala e pon enfermo de cólera a moito concidadán que está farto de que lle digan que non se pode vivir con cinco mil euros ou que se vai malviviendo con jet (ruso ou de Avión) e oito mil euros de renda familiar cada mes ata outubro e novembro... que por aí cae san Martiño.
A un servidor, señora miña, cando lle falan de enerxía, de electricidade, acéndenlle as luces e recordo que foi un xefe da Xunta o que repartiu millóns de millóns ás "eléctricas" nunha cousa que se chamaba o "Plan Mega" e que non serviu para que en varias partes do noso país vivisen ás escuras as festas do Nadal...
Non recorda...?
Pregúntelle a Feijóo que estaba nese goberno. Pregunte por Lugo, Ponteareas ou Vigo onde atopase moitas vítimas daquelas noites...
Así que tonterias, as xustas...
Aínda que esteamos en período pre-electoral...
E se vexo un ruso, con jet, facendo cola na Casa do Mar... avísolle.

mércores, 12 de setembro de 2012

DE ELECCIÓNS E DE OUTONOS

Todo cheiraba a eleccións anticipadas. Era a crónica dunha anticipación anunciada. Nada pinta ben e Feijóo sabe, mellor que ninguén, que virán tempos peores. O PP e Feijóo son parte do problema e non poden presentar unha tarxeta positiva destes catro anos, nunha comunidade que vai costa abaixo en tódolos indicadores dá macro e a microeconomía. Feijóo non pode falar nin de logros nin de xestión, de recortes.
O anticipo semella que beneficia a todos. Aos que gobernan, porque deixan de anunciar e aprobar malas novas durante un tempo. Aos dá oposición, porque deixarán de mirarse ou seu embigo e mirarán cara a cidadanía para crear alternativas, xa sexa coas primarias sen facer, como lles pasa a algúns, ou divididos en varios anacos con diferentes liderados, como lles sucede a outros.
Pero os partidos deberan reflexionar e escoitar a mensaxecidadanía: queremos outro modo, outras maneiras, outros perfís. É preciso recuperar na política, que é a clave de arco dá convivencia, pero para elo precisamos talantes e talentos. Menos liderados artificiais de equilibrios milimetrados de territorios e estratexias para controlar maiorías, e máis cidadanía, sociedade, e máis representatividade.
E sucederá no outono. Un tempo que invita ao recollemento e a melancolía. Pero tamén, un tempo de oportunidade para a alternativa e ou cambio de trazada. Galicia debe recuperar vento como sexa. Precisamos horizontes. Con realismo, sen demagoxias e con criterio. E sen Collartes, deputado do PP famoso por non chegar co fin de mes. Sería bo xerente pero é un mal político. A credibilidade política e os cidadáns non merecemos isto.

venres, 31 de agosto de 2012

ADIANTO EN GALICIA

Rajoy quere evitar que as eleccións galegas se vexan contaminadas por un posible rescate.
O adianto das eleccións galegas para que o 21 de outubro coincidan coas vascas responde á necesidade do presidente Mariano Rajoy de resolver canto antes unha contenda electoral que, de alongarse ata o próximo ano, podería verse contaminada polas posibles medidas de axuste que esixiría, de producirse, un rescate da economía española. Dende este punto de vista, é unha decisión lexítima. Se os augurios dun outono quente, no político e no económico, se confirman, ningún partido no poder faría algo distinto. Supón, iso si, un contratempo para determinados plans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre eles a polémica reforma electoral coa que pretendía garantir a súa reelección. O obxectivo de Feijóo era reducir o número de escanos no Parlamento galego pola vía de minguar a representación das zonas urbanas, alí onde o PP sofre un servero retroceso en todas as sondaxes. Agora, sen prazo para iso, deberá empregarse a fondo para seguir no poder.
As eleccións galegas teñen sempre unha indiscutible lectura nacional. As de catro anos atrás, gañadas polo PP, salvaron a Rajoy dos que dende o seu propio partido dubidaban de que fose o candidato idóneo para as xerais de 2011. Os comicios do 21-0 serán a segunda cita coas urnas do PP dende a vitoria de líder popular. A primeira, en Andalucía, resultou un fracaso. Naquela ocasión, o Goberno atrasou os Presupostos para evitar desgastar o seu candidato, Javier Arenas. Non serviu de nada. Esta vez non caben xogos dese tipo. Os tempos, ademais, dependen tamén de Bruxelas e de Berlín. De aí a présa de Rajoy. Un exemplo: calquera rebaixa nas pensións por esixencia da Unión Europea podería ter un efecto desvastador entre o electorado de Galicia, unha comunidade cunha poboación máis envellecida que a media española.
O presidente da Xunta elixiu o momento menos malo para os seus intereses. Aínda que algunhas enquisas o poñen ao fío de perder a maioría absoluta, con este adianto electoral sorprende a oposición co paso cambiado. Os socialistas galegos, en clara crise de liderado, pensaban dispoñer do tempo suficiente para elixir o seu candidato nunhas primarias. Agora será o comité nacional do PSdG quen designará a Pachi Vázquez o sábado próximo. O Bloque, pola súa banda, sufriu dúas escisións. Mentres, Esquerda Unida crece e UPyD non consegue afianzarse en Galicia. En todo caso, como no conxunto de España, é previsible unha maior fragmentación do voto, o que dificultará a formación dun goberno se Feijóo perde a maioría absoluta. Fronte ao PP hai unha esquerda atomizada. E esta é a mellor baza para Feijóo. Gañe quén gañe, terá que xestionar axustes duros, especialmente en materias como Sanidade e Educación. Unha tarefa que requirirá políticos capaces. As urnas terán a palabra.