luns, 28 de decembro de 2009

NOS ENVENENAN, LOGO PROGRESAMOS. GRAZAS, PACHI VÁZQUEZ

O fiscal investiga ao bipartito por un vertedoiro contaminante.

Residuos de Ferroatlántica depositáronse sen licenza en Brea.

A Fiscalía especializada no medio Ambiente abriu dilixencias para pescudar se a anterior Consellería de Medio Ambiente incorreu nun delito de prevaricación na súa obrigación de controlar e inspeccionar o depósito de miles de toneladas de residuos industriais nunha vella canteira de Brea, en Carballo (A Coruña). O caso polo almacenamento a principios de 2006 dunhas 20.000 toneladas de escoria procedente da fábrica de Ferroatlántica que Juan Miguel Villar Mir ten en Cee xa foi visto e arquivado sen consecuencias por un xulgado.
Pero o fiscal, tras recibir a denuncia e novas probas do colectivo ecoloxista Verdegaia, decidiu retomar as actuacións para determinar se houbo, como sosteñen os veciños, neglixencias da Dirección Xeral de Calidade e Avialición Ambiental, baixo a dirección do socialista Joaquin Buergo.
O almacenamento de residuos considerados tóxicos, como establece un informe do Centro de Control do Medio Mariño da Consellería de Pesca que detectou elevadas concentracións de hidrocarburos aromáticos policíclicos nesas escorias, seguiu produciendose en marzo deste ano, segundo testemuñou ante o fiscal Verdegaia. O colectivo achegou probas fotográficas duns depósitos na canteira de Brea, que se retomaron "aínda que en menor intensidade que en 2006" e tras ser precintada tanto polo Concello como pola propia Consellería de Medio Ambiente fai xa tres anos por carecer de licenza.
A denuncia dos ecoloxistas retoma a que no seu día formalizaron a asociación de veciños -e que foi arquivada- contra Ferroatlántica, a empresa que contratou para tratar os seus residuos e propietaria desa canteira de Carballo, Desguaces Lema, así como contra a Xunta por "omisión no control e inspección dos dépositos".
Os veciños de Brea están preocupados pola posible contaminación dos terreos en cuxos arredores pasta o seu gando e hai mananciais. Entre decembro de 2005 e maio de 2006, chegáronse a depositar nesa canteira case 20.000 toneladas de escoria, un feito que nin Ferroatlántica nin Desguaces Lema negan. Desde esta última empresa afirman que contan con todas as autorizacións de Medio Ambiente e que non hai perigo. Con todo, a propia consellería chegou a precintar o recinto por carecer de licenza pero logo emitiu un informe negando a existencia dos dépositos, o que permitiu ao xuíz arquivar a denuncia penal.
Depósito de 20.000 toneladas de residuos tóxicos...

Ningún comentario: