mércores, 10 de febreiro de 2010

O PLAN CONTRA O CO2

Só 50 países envían á ONU o plan contra o CO2 pactado en Copenhague

Só 50 das 183 nacións presentes no cume do Clima de Copenhague enviaron, dentro do prazo establecido que finalizaba onte, as súas propostas para reducir a emisión de gases contaminantes dentro do marco do acordo alcanzado no pasado mes de decembro. Entre elas atopábanse China, Estados Unidos e os 27 membros da Unión Europea.
Segundo o máximo asesor en materia de cambio climático na Secretaría Xeral, as propostas nacionais non bastarán para cumprir cos obxectivos acordados naquel cume. "É moi probable que, de acordo cunha serie de analistas, se engadimos todas as cifras que se debateron en Copenhague, se se implantan todas as medidas, será moi difícil chegar á redución de dous graos", dixo Janos Pasztor a Associated Press.
Polo que se soubo ata a data, non houbo sorpresas e EE UU e a UE mantéñense nas mesmas cifras que propuxeron en Copenhague; as mesmas que resultan insuficientes para alcanzar ese recorte de dous graos. A sorpresa podería vir de China (o primeiro emisor en termos absolutos), aínda que os datos do xigante asiático -remiso a un recorte que free o seu desenvolvemento- non se coñecen.
En Copenhague, as nacións reunidas acordaron tomar medidas para que a temperatura do planeta non suba máis de dous graos centígrados para evitar "unha interferencia perigosa" co clima. Nos informes enviados á ONU, cada Goberno establece que medidas será capaz de implementar para contribuír a ese obxectivo.

Ningún comentario: