luns, 1 de novembro de 2010

POR UN PUÑAO DE PARNÉ, CHÁMANA A BEN PAGÁ

Os elevados emolumentos que percibe María Dolores de Cospedal polos seus servizos ao Partido Popular devolveron o tema dos salarios dos políticos ao centro do debate. A número dous do PP fixo público, a través da súa declaración de bens como deputada rexional nas Cortes de Castela A Mancha, que percibe, só na súa condición de cargo orgánico do PP, 167.864 euros. Unha cantidade que, segundo explican no PP, é tan cuantiosa pois aúna o seu salario como secretaria xeral, onde cobra o mesmo que os seus antecesores, Acebes ou Cascos, e os seus ingresos como presidenta do PP rexional.
A iso hai que sumar tamén o soldo que percibe como senadora, uns 43.771 euros, máis os 3.560 euros que lle abona o Ministerio de Xustiza en concepto de trienios por ser avogada do Estado e, para rematar, outros 25.538 euros como indemnización polos gastos da súa función na Cámara Alta. En total, unha abultadísima cantidade que alcanza os 241.840 euros anuais e que supera ata en case 150.000 euros o que cobra o presidente de Castela A Mancha, José María Barreda.
O Partido Socialista non paga sobresoldos. Nin o secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero, nin os números dous e tres do partido, José Blanco e Marcelino Iglesias, perciben retribución algunha a cargo das arcas socialistas distinta á que lles corresponde en función dos seus cargos públicos.
Polo menos, esa é a versión oficial desde a propia sede de Ferraz, onde se deixou de pagar un soldo específico á persoa que exerce o cargo de secretario de Organización, hoxe en mans do aragonés Marcelino Iglesias.
E si; todos eles cobran dúas veces polo menos: unha, por ser membros do estamento lexislativo ou executivo ao que pertenencen. E dous, cobran do seu propio partido que, como todo o mundo sabe, está financiado con fondos públicos que saen dos impostos de todos. Os partidos consideran que os seus cargos políticos están mal pagos, e como dispón libremente das cantidades que dos orzamentos do estado reciben, compénsanlles simpáticamente como é o caso que nos ocupa. Por iso digo o das dúas veces, e paréceme enormemente criticable e desafortunado o que dispoñan destas retribucións, mentres os españolitos da pé teñen enormes dificultades para chegar a fin de mes, e pagámoslles a festa cos nosos impostos.

1 comentario:

Chousa da Alcandra dixo...

Boeno, tampouco hai que escandalizarse tanto polo soldo de DeCospedal. Eu non traballaría para o PP por menos!