domingo, 19 de decembro de 2010

A DÉBEDA DAS CCAA ALCANZA O 10% DO PIB

A débeda das administracións públicas crece un 16,2% no terceiro trimestre

O nivel de débeda acumulada se situa no 57,7% do PIB, segundo o Banco de España.

A débeda das Administracións Públicas aumentou o 16,26% en taxa interanual, situándose nos 611.198 millóns, segundo os datos do Banco de España. Este volume representa o 57,7% do PIB e déixalle unha marxe de endebedamento de 70.000 millóns de euros ás tres administracións, xa que a previsión enviada á Comisión Europea fixaba que a débeda crecería ata o 65,9%.
A maior débeda acumúlaa a Administración central, con 467.348 millóns de euros, o 44,1% do PIB, o que supón un aumento do 14,95% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.
Pola súa banda, a débeda das autonomías creceu un 27% en taxa interanual no terceiro trimestre de 2010 ata os 107.624 millóns de euros, mentres que a das corporacións locais aumentou un 4,6% neste mesmo período, e situouse en 36.226 millóns.

Ningún comentario: