venres, 18 de marzo de 2011

O PP E OS SEUS CANDIDATOS

Os uns, o PP, decantáronse na súa opción electoral pola corrupción, ao confirmar o nomeamento de varias persoas imputadas nas súas listas electorais. O caso máis rechamante é o señor Camps, os seus votantes saberán o que fan. Rajoy tivo que ceder ante a chantaxe dos corruptos, que el non sabe ou non quere eliminar. Por algo será. ¿Que faría na Moncloa? Isto non se saberá. Os outros, o Goberno do PSOE, traballan, expón medidas segundo o que acontece e o cidadán vai cambiando de parecer, saben que este Goberno en sete anos duplicou o número de bolsas, aumentou o gasto social nun 51%, e a pensión media nun 39%, as cifras son incontestables. Os cidadáns vemos a un presidente que se faja, logra consensos e maiorías sen bombo nin prato. Resulta que incorporou como beneficiarios á Lei da Seguridade Social a todos os traballadores agrícolas, aspiración de moitos anos. Ao final a razón imponse. Os do PP co non a todo, manipulacións dialécticas e nubes de fume, o Goberno con traballo e feitos a favor de todos os españois.
A festa do Partido Popular en Palma é unha obscenidade. Un pode estar a favor ou en contra de determinados postulados políticos. Un pode ser máis ou menos conservador á hora de determinar as responsabilidades políticas dun candidato imputado. Todo iso é perfectamente lícito e respectable. Pero o que non pode ser é celebrar unha festa en honra duns candidatos cuxa honorabilidade está en dúbida, elixindo para o evento o escenario dun dos maiores casos de corrupción política de toda a democracia, protagonizado por un membro ao que o propio presidente do partido destacouno como exemplar. Celebrar a festa dos candidatos en Palma, co recordo próximo de Jaume Matas, é unha obscenidade.
EL PAIS

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

La puesta en escena en Palma de Camps, y sus palmeros, supone un paso mas en el ridiculo mas espantaso en que está metido Camps. Tras su discurso muchos correligionarios no se levantaron ni le aplaudieron, intentaban no coincidir con el para no saludarle. Se ha convertido en la peste del PP, todos le quieren lejos, aunque nadie lo pregone. Supongo que lo de la lucha contra las practicas corruptas a Camps le entraria por un oido y le saldria por el otro. La gran pregunta es ¿que esconde Camps para que Rajoy lo mantenga?.
Despues de tanta suciedad, como se atreven a decir que va haber claridad, uno puede ser el mas ladrón hasta que le apetece pero despues va y se arrepiente y ya no ha pasado nada, a partir de ahora voy a ser un buen chico. que cinismo