mércores, 16 de marzo de 2011

PRESENTAR UNHA ALTERNATIVA REAL

Mariano Rajoy di ter a solución para saír da crise. Supoñamos que a ten ¿Por que non dá a coñecer esas tan necesarias medidas? Teoría: para non axudar ao Goberno actual. Resultado: un egoísmo que espanta. Un egoísmo que non prexudica só ao PSOE, senón a 47 millóns de españois; a catro millóns de parados; a miles de empresas ao bordo da quebra.
¿E que pasaría se o PP decidísese a publicar as supostamente acertadas medidas que de momento só eles coñecen, para que Rodríguez Zapatero as aplíque? Se iso pasase, e o programa resultase verdadeiramente eficaz, ocorrerían tres cousas: que España empezaría a saír da crise; que Rajoy arrasaría nas próximas eleccións; que a Administración gobernamental acharíase desde agora traballando na liña que o PP quere e necesita para o exercicio do seu futuro Goberno.
E ¿que pasaría se Rajoy e o PP difunden a súa receita e tanto analistas, como empresarios, políticos e pobo en xeral atópanas brillantes pero o Goberno actual (por egoísmo, cegueira, incompatibilidade cos seus ideais ou orgullo partidario) non as levase á práctica? Que o PSOE quedaría moi mal parado, como estancador da crise, e que Rajoy gañaría as próximas eleccións por goleada.
Así que o silencio e a ocultación como estratexia electoral, parécenme un erro e un horror. A miña conclusión é que o PSOE non sabe que hai que facer, pero non nos enganemos, o PP tampouco.

1 comentario:

UN VIGUES dixo...

Claro que lo sabe? Desprestigiando a España en cada discurso que dá, hundiendola más y mas, sin hacer caso de nada y ni de nadie, criticando todo lo posible dentro y fuera de nuestras fronteras, es la única forma que ve para que el siguiente en llegar al poder no pueda hundirse más y por narices tendrá una mejoría, y claro esa mejoráía será por que ha dejado de criticar e insultar a los españoles por dar su voto a otro que no sea él.
Sabes lo mejor que, como ya se ha visto, esto de criticar siempre y decir no a todo se le ha torcido un poco, ya que nadie quiere votar a alguien que siempre diga no, asi que en la nueva revisón y con ayuda de nueva imagen está cambiando su discurso, ya que el trabajo del hundimiento ya está hecho.