sábado, 14 de maio de 2011

DESILUSIÓN ANTE AS URNAS

Cos meus 18 anos recentemente cumpridos expóñome a que partido votar nas próximas eleccións. Na miña procura particular atópome con listas pechadas impostas polos partidos políticos nas que non podo elixir ao candidato que desexo votar. Enfróntome a unha situación na que me vexo forzado a votar a unha persoa polo simple feito de pertencer a un partido co que teño máis afinidade. Chegado este punto asáltanme dúbidas ao ver que moitos dos candidatos a cargos políticos son presuntos corruptos ou teñen causas pendentes coa xustiza.

¿É que neste país non se poden atopar partidos dos que se poida dicir que todos os seus cargos políticos son de confianza? ¿Estas son as persoas que logo van ditar as nosas leis? ¿Son o exemplo a seguir? ¿Desta forma pretenden os políticos que os mozos e futuros votantes teñamos interese pola política?... C.V.I.

1 comentario:

Ataturk dixo...

De momento un mensaje de esperanza, pues al final esto cambiará de verdad.
Los jóvenes sois nuestro futuro, por ideales y por interés, ya que sino no merecería la pena cuando la vida se vá acabando.
Os necesitamos los demócratas y buenas personas de verdad.
Por favor no desespereis y luchad por una situación mejor, como otros lo hicimos siempre.
Saludos.
Ataturk.