luns, 30 de maio de 2011

LOGO DAS ELECIÓNS, RECORTE DO GASTO

Xa tivemos eleccións municipais en toda España e autonómicas en boa parte dela. Agora vén a tarefa dura.

Témome que esa tarefa dura vai ser acometer un plan drástico de recorte de gastos. Este recorte é urxente, e non porque nolo esixa a Unión Europea, que si o fai, senón porque... ¡Non hai diñeiro para pagar! E tampouco o podo pedir prestado, como facía ata agora. E tampouco o podo pedir a Madrid, como tamén facía ata agora, pois en Madrid xa non teñen diñeiro.
A evidencia puntual deste problema é ampla: concellos e comunidades autónomas que teñen dificultades para pagar a nómina do mes; por non falar do atraso en pagos a provedores.
A realidade é que en todos estes anos de crises, de 2008 a 2010, a Administración Pública en España non reduciu o seu gasto nin nun euro.
De feito, aumentouno, e moito, desde os 413 millardos (miles de millóns) de 2007 a 490 millardos en 2010. Non coñezo unha familia nin empresa que neste tempo aumente tantos os seus gastos. Máis ben, todos apertámonos o cinto, e moito. Non foi así na Administración Pública.
Algunhas comunidades autónomas e concellos xa empezaron a recortar, pero teño a impresión de que non han "entrado a saco", quizá porque a ninguén lle gusta dar malas noticias (ou moi malas) antes das eleccións. Por iso, creo que é agora cando vai empezar o recorte en serio.
O recorte tocaralle en primeiro lugar ás comunidades autónomas. O seu gasto ascende a uns 183 millardos (datos Eurostat de 2009... ¡Non están dispoñibles aínda os de 2010!). Representa case un 40% do gasto total da Administración Pública.
En só dous anos (2008 e 2009), os gastos das CCAA creceron un 16%, desde 157 a 182 millardos, é dicir 25 millardos de máis. O gasto en funcionarios creceu un 17% (só en dous anos), desde 65 a 76 millardos. Quizá está xustificado, pero se fai difícil crer que necesites 11 millardos máis en só dous anos para dar máis ou menos os mesmos servizos. O gasto noutros (típica caixa escura) creceu un 35%, 3 millardos de máis.
Estes recortes deprimirán a economía. Pero non hai máis remedio. O gasto desmesurado (e máis se é ineficiente) é unha gangrena. E cando hai gangrena hai que amputar, aínda que a amputación sexa dolorosa e requira período de convalecencia. Para iso, fai falta un goberno responsable que saiba que nos xogamos moito niso.

2 comentarios:

UN VIGUES dixo...

Pues yo creo que mas o menos el escenario que has descrito en el artículo. Recortes y mas recortes y cada vez todo mas chungo....No se si España volverá a disfrutar de una época de bonanza como la anterior.Era una bonanza "de paga", a crédito,¡pero era nuestra bonanza!...
Ya fuera bromas,no sé...Quizas habría que observar como en el caso del terremoto de Lorca,como cuando queremos sabemos remar en la misma dirección.Yo creo que a este país le faltan objetivos colectivos,mas allá de los éxitos de nuestra selección de fútbol. Si no tenemos un plan,no podemos ponernos en marcha.Cada uno tiene que configurar su plan.Y los políticos molestar poco,y no estropear mas las cosas...

DEMOCRACIA dixo...

En efecto, todo seguirá igual pero además con gravísimos recortes en inversiones y prestaciones. Lo he dicho alguna otra vez en este blog: hay un serio problema con nuestra clase política, porque adolece tanto de capacitación como de honradez. Por desgracia, en el desarrollo de mi actividad profesional he podido constatarlo. Y si a escala Estado Español para cualquiera que sepa sumar con los dedos puede ver que la gestión del PSOE ha sido más que lamentable, y por los mismos motivos os puedo asegurar que los cuadros del PP son a su vez corruptos e incapaces. ¡ Lástima de país !